Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño lanza a segunda fase do programa -Reacciona Verán-

Aos obradoiros de Coworking e Empoderamento das mulleres; idiomas (xaponés e italiano) e deportes náuticos, súmanse cursos de cociña saudable, música electrónica e graffiti

O obxectivo, segundo indica a concelleira Fátima Rodríguez, é fomentar hábitos saudables, formación continua e un ocio creativo.

Fecha: 04 de Julio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

A Concellalía de Mocidade lanza a segunda fase do proxecto "Reacciona Verán", especialmente pensado para persoas entre os 12 e 30 anos. A oferta caracterízase pola diversificación de actividades, froito das inquedanzas dos propios mozos e mozas tomiñeses. O obxectivo, segundo indica a concelleira Fátima Rodríguez, é fomentar hábitos saudables, formación continua e un ocio creativo.

Baixo o apartado "Fórmate" ofrécense cursos de xaponés e italiano, solicitados pola mocidade a través das redes sociais do Concello, e dúas apostas novidosas coma son un obradoiro de Coworking e outro titulado Empoderando ás futuras líderes do século XXI. Este último, ten coma obxectivo reflexionar sobre os estereotipos de xénero e os xuízos de valor que facemos homes e mulleres, baseándonos unicamente nas características físicas ou biolóxicas das persoas. "Debido ao modelo patriarcal que predomina na nosa sociedade, as rapazas e máis as mulleres, son sempre as máis prexudicadas polos estereotipos, por este motivo queremos incidir na acción de empoderamento feminino", explica a concelleira de Mocidade. Terá lugar todos os xoves (de 9.30 a 13.30 hs. Na Aula Cemit) entre o 3 de agosto e o 28 de setembro.

Pola súa banda, o obradoiro de Coworking, celebrado o pasado xoves, tivo coma finalidade dar a coñecer esta nova forma de emprego,e nun futuro, crear un espazo de traballo colaborativo municipal. "A través dos contidos do Obradoiro (orixes do coworking, que é o coworking, quen pode beneficiarse desta modalidade de traballo, vantaxes e inconvenientes, etc.) pretendemos

plantexar a posibilidade de crear un espazo de coworking municipal para a mocidade", explica Rodríguez.

No eido do deporte, o "Reacciona Verán" organiza varios cursos deportes náuticos (únicas actividades de pago, aínda que subvencionadas en parte), que terán lugar no río Miño, á altura de Goián. Durante todos os sábados de xullo, mozos e mozas terán a oportunidade de iniciarse en flyboard, paddleboard, wakeboard (esquí acuático), e rutas en kayak.

O Concello aposta, por último, por actividades de ocio e lecer creativas e diferentes, coma a Iniciación á música electrónica, Cociña saudable e Graffiti.

Máis información e inscricións en: omix@tomino.gal ou www.tomino.gal/reacciona . Tamén pasando persoalmente polo departamento de Cultura, Mocidade e Deportes, sito no edificio do antigo centro de saúde (barrio da Rocha).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones