Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño leva a cabo importantes melloras no mercado municipal

Mellora acústica e da imaxe corporativa do mercado; creación dunha zona de lavado e amoblamento no andar superior, e a subministración de varias máquinas

Mellora acústica e da imaxe corporativa do mercado; creación dunha zona de lavado e amoblamento no andar superior, e a subministración de varias máquinas

Fecha: 30 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu ao Concello de Tomiño unha subvención para realizar varias melloras no Mercado Municipal, dentro do plan "Tomiño, á procura da excelencia".

O importe da subvención ascende a 38.675,71 euros, aos que o Concello sumou outros 16.238,80, de fondos propios, para poder afrontar as obras e subministros, que tiveron un custe total de máis de 55.200 euros.
A intervención consistiu, concretamente, en tarefas de mellora acústica e da imaxe corporativa do mercado; creación dunha zona de lavado e amoblamento no andar superior; subministración dunha cámara comunitaria para froitas e dunha máquina para fregado, secado e abrillantado do chan; instalación dun sistema colga cadros en carril con movemento flexible, etc.

O mercado municipal, que fora obxecto dunha profunda reforma hai un par de anos, conta agora con máis servizos que ofrecer aos seus praceiros e aos clientes, que contan cunha oferta diferenciada e de calidade.

O mercado conta cunha ducia de postos de produtos frescos (froita, verdura, carne, peixe, chacinaría, panadería, produtos ecolóxicos, conservas, florería, etc.), situados todos eles na planta baixa do edificio.

A planta superior acolle postos coma un de comida caseira para levar, conservas naturais, viñoteca e outros que se incorporarán en breve. Esta planta, á que pode accederse tamén por ascensor, constitúe un novo espazo lúdico-gastronómico, dotado de música ambiental, wifi gratuíta, e outros servizos.

Por outra banda, dende hai un tempo é posible visitar o mercado a través de Google Maps, e percorrelo de forma virtual en 360º. Aínda que algúns mercados de Galicia xa teñen este servizo, o de Tomiño, é un dos primeiros da Comunidade Galega en ofrecer este tipo de difusión pública e globalizada.

Ademais da visita virtual polo interior do edificio, o navegante atopará na ligazón (http://maps.google.com/maps/place?cid=15113498850728130126 ) unha ampla galería fotográfica, cos distintos postos do mercado, servizos e actividades complementarias que se levan a cabo dentro da instalación.

Con esta acción "posicionamos o noso mercado en buscas de Google e podemos visitalo, grazas ás novas tecnoloxías", sinala a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Ademais, o Concello creou unha páxina web (www.mercadotomino.com ), e outra de Facebook (Mercado de Tomiño) que xa ten cerca de tres mil seguidores.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones