Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO LEVA A CABO MELLORAS NAS INSTALACIÓNS E NO EQUIPAMENTO DO MERCADO MUNICIPAL

A obras de mellora inclúen un sistema de climatización, ventilación do primeiro andar e sistema de control solar nos lucernarios.

Os praceiros e praceiras benefícianse dunha liña formativa orientada a melloras nas técnicas de venda.

Fecha: 10 de Octubre de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño está a levar a cabo melloras de eficiencia enerxética e de equipamentos e servizos no mercado municipal.

Os investimentos inclúen unha instalación de climatización e un sistema de control solar dos lucernarios da cuberta. Ademáis, o primeiro andar contará con melloras no sistema de ventilación e iluminación así como no que equipamentos se refire como servizos de rede wifi ou fío musical.

Os espazos lúdicos-gastronómicos e áreas de servizo tamén se benefician deste investimento aumentándose zonas alicatadas e equipamentos nos aseos.

Por outra banda, os praceiros e praceiras tamén se benefician dunha liña formativa ou mentoring orientado ao fortalecemento de técnicas de venda.

Ademáis, o Concello de Tomiño está a levar a cabo unha campaña de promoción do mercado municipal que inclúe tanto actividades formativas como lúdico-culinarias.

As actividades formativas comezaron o martes co curso de cociña para homes e que contará con dúas sesións máis nas que os alumnos aprenderán a cociñar varios pratos de carne e verduras.

A promoción do mercado municipal ademáis conta cunha campaña na que os praceiros e praceiras colaboran de xeito directo: "mercando con xeito". Esta actividade consiste en achegar aos usuarios do mercado coñecementos básicos da alimentación e dos productos frescos que se adoitan vender nos mercados. Nos referimos, a información das partes da ternera e o seu uso culinario ou coñecementos sobre as variedades de peixe que se comercializan nas prazas de abastos e os xeitos de cociñalos.

Ademáis, e tras o éxito obtido na anterior edición, volta "sábados con sabor". Mañán sábado a carnicería Jose Rodríguez e a Viñoteca do mercado será os encargados de ofrecer dous pratos (asado de costela de porco agridulce e polo ao curry vermello) e dous viños (Ponte da boga mencia Ribeira Sacra e Quinta do Couselo-Rosal) polo prezo de 5€. A degustación será de 13h30 a 14h30 e os tickets podense mercar no mercado municipal.

Estas actividades de promoción do mercado municipal así como os investimentos e o mentoring para os praceiros e praceiras son financiados pola Consellería de Economia e Industria incluidos na liña de subvencións destinada a mellora dos mercados municipais.


A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou a importancia de "investir no equipamento do mercado municipal de cara a unha maior eficiencia enerxética e de cara a mellorar en servizos que repercutan nos veciños e veciñas". A Alcaldesa engadiu que "estes investimentos fanse con cargo a unha liña de subvencións da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Desta liña de axudas tamén se beneficían os praceiros e praceiras adquirindo formación en técnicas de venda".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones