Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño oferta, de balde, actividades extraescolares nos colexios de primaria, infantil e secundaria

A oferta inclúe dende Inglés, Francés ou Multideporte, até propostas máis innovadoras, coma Linguaxe de Signos ou ImaxinAcción/Entre Pantallas

A oferta inclúe dende Inglés, Francés ou Multideporte, até propostas máis innovadoras, coma Linguaxe de Signos ou ImaxinAcción/Entre Pantallas

Fecha: 22 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño financia un programa de actividades extraescolares en distintos centros educativos do municipio. Na oferta formativa, totalmente gratuíta para os estudantes, podemos atopar dende o xa clásico Inglés, Francés ou Multideporte, até propostas máis innovadoras, coma Linguaxe de Signos ou "ImaxinAcción/Entre Pantallas"; un taller que busca fomentar a creatividade e a capacidade de expresión a través do audiovisual.

As actividades ofertadas este curso escolléronse por nivel: para Infantil: Contacontos, Dibucontacontos, InspirArte e Pequenos valentes; para Primaria: Multideporte, Lingua de signos, Inglés, Francés e ImaxinAcción. Por último, para o IES: Zhumba, Inglés e Entrepantallas.

Nalgunhas actividades foi necesario facer varios grupos debido á cantidade de nenas e nenos que estaban apuntados, coma no caso de Inglés, Actividades Infantís, etc.

O número total de mozas e mozos beneficiarios foron 252, sendo 236 socios de ANPAS e 16 non socios.

O programa é unha iniciativa da Concellalía de Educación. Para a selección das actividades, tivéronse en conta diferentes criterios: as características de cada centro educativo, a acollida entre o alumnado (mínimo de 10 persoas), e a vontade de incentivar a empregabilidade e o emprendemento, polo que se contactou con profesionais da zona directamente, non con empresas).

ImaxinAcción é unha das actividades extraescolares máis novidosas que busca fomentar a creatividade dos nenos e nenas do CEIP Tebra e IES de Tomiño. "Tento propoñerlles que desenvolvan as súas propias ideas e lles dean forma, empregando materiais ao seu alcance para crear obras audiovisuais, con variedade de técnicas e ferramentas expresivas, coma stop-motion, animación tradicional, collages, imaxe real, plastilina, etc.", explica Gonzalo Lomba, profesor que imparte a disciplina por segundo ano consecutivo, con moi bos resultados.

Outra das actividades máis novidosas é a de Lingua de Signos, que pretende impartir técnicas instrumentais de comunicación entre as persoas xordas e as oíntes. Ademais, segundo indica a monitora, Miriam Aller, a práctica desta disciplina ten moitos beneficios complementarios, coma por exemplo, aumentar a atención, favorecer a memoria visual, mellorar a coordinación ocular e manual, promover valores coma a empatía, o respecto, a normalización e descubrir habilidades sociais e comunicativas.

O programa de actividades esténdese entre os meses de outubro de 2016 e xuño de 2017, e representa un investimento de 14.674,88 euros.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra Álvarez, tamén concelleira de Educación, explica que este programa tenta ofrecer accións formativas en igualdade, co propósito de que todo o alumnado poida asistir ás clases que elixa, sen que o custe das mesmas, sexa un impedimento para aprender e integrarse.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones