Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño participará nun proxecto piloto do Banco de Terras

O Concello de Tomiño engade ao inventario municipal 10 novas parcelas procedentes do banco de terras e que Agader determinou que non teñen aproveitamento agrícola.

O Concello de Tomiño engade ao inventario municipal 10 novas parcelas procedentes do banco de terras e que Agader determinou que non teñen aproveitamento agrícola.

Fecha: 21 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño ven de aprobar no pleno ordinario do 24 de maio a incorporación no inventario municipal de varias parcelas procedentes do Fondo de terras que xestiona Agader a través do Bantegal. Trátase de 10 parcelas localizadas nas parroquias de Goián e Figueiró que engrosaban as 115 parcelas polas que estaba composta a "masa común" da concentración parcelara d´Os Panascos.

A concentración parcelaria d´Os Panascos, á diferencia da Estás-Goián-Figueiró, foi concluída no ano 2006 e os títulos entregados no ano 2007. Unha vez entregados os títulos aos particulares, resultaron sobrantes 115 parcelas que constituían a "masa común" que transcurrido o tempo regulamentario pasou a xestión do Banco de Terras. A entidade xestora BANTEGAL, pola súa parte, procedeu a cualificación destas 115 parcelas das cales resultaron que 10 carecían de interese produtivo por cuestións diversas. Estas parcelas e segundo a lexislación, son de titularidade do Concello do termo municipal donde se atopan, polo que o pasado 7 de febreiro, se procedeu a entrega dos títulos de propiedade por parte de Agader ó Concello de Tomiño nun acto protocolario en Santiago coa presenza da Conselleira de Medio rural Ángeles Vázquez. O último paso para a regulamentación de ditas parcelas era incluílas no inventario municipal, previo paso de ser aprobado en pleno como así se fixo na sesión ordinaria do 24 de maio.

As restantes 105 parcelas que pasan a engrosar o banco de terras están cualificadas como de uso agrícola e gandeiro, podendo ser arrendadas por particulares ou empresas co fin de destinalas a súa explotación.

Por outro lado, Tomiño participará nun proxecto piloto que ten que ver coa dinamización de terreos en mans particulares que actualmente están improdutivos, incluso en estado de abandono. Os interesados poderían participar no Banco de Terras incluíndo a súa parcela para uso produtivo a cambio dun arrendamento.

O Concelleiro de Promoción económica, Antonio Tartaglione, valorou de forma positiva estas boas novas. Segundo Tartaglione "a dinamización de parcelas improdutivas facilitará a creación de novas explotacións e a ampliación das existentes e polo tanto a mellora nun sector punteiro en Tomiño como é a planta ornamental, a floricultura e a gandería".

Pola súa parte, a Alcaldesa, Sandra González, destacaba a necesidade de continuar "nesta liña de traballo pondo en funcionamento novas parcelas en situación de abandono e que son de interese agrario. Esta é un demanda que temos trasladado a Xunta de Galicia en diversas ocasións en colaboración con acuBam, así como a conclusión da concentración parcelaria Estás-Goián-Figueiró coa entrega de títulos aos propietarios".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones