Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O concello de Tomiño pecha o exercicio de 2016 con estabilidade orzamentaria e cumprindo a regra de gasto

Tomiño segue sendo un Concello que destaca pola puntualidade nos pagos aos seus proveedores, estando a media en menos de trinta días

A corporación municipal aprobou o orzamento para 2017, que entrará en vigor sen que houbera alegacións no periodo de exposición pública

Fecha: 04 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O concello de Tomiño pecha o pasado exercicio con estabilidade orzamentaria, é decir que os gastos non sobrepasaron os ingresos; así como cumprindo a regra de gasto.

O concelleiro de Fazenda, Uxío Benítez, destacou que "ademáis non vai haber ningún recoñecemento extraxudicial de crédito, e que o Concello foi responsable na execución do gasto, axustando o que se gasta aos ingresos previstos".

Nesta mesma liña, segundo destacou a alcaldesa, Sandra González, "o máis importante, ademáis destas cuestións técnicas de boa execución orzamentaria, é que o Concello de Tomiño segue sendo un Concello que destaca pola puntualidade nos pagos aos seus proveedores, estando a media en menos de trinta días".

"O Concello é solvente económicamente e ten un nivel de execución óptimo, o que nos permite estar satisfeitos coa nosa xestión económica, agradecendo a labor de concelleiros e o equipo de intervención, que realiza a xestión diaria", explica a rexidora.

Ademáis o Concello de Tomiño aprobou en pleno, o pasado 28 de decembro, os Orzamentos de 2017 por un importe de 6.770.000 euros, cun lixeiro incremento respecto dos do ano anterior (9%).

As partidas orzamentarias de maior incremento son Servizos Sociais, motivada por un incremento do custe do Servizo de Axuda no Fogar de 100.000 euros. Este servizo atende ás persoas e familias con necesidade de axuda, con persoas dependentes, maiores que viven solos etc.

Asimesmo, o goberno destina perto de 75.000 euros á Relación de Postos de Traballo, acordada cos sindicatos e que entrará en vigor ao longo de 2017. Con esta regulación búscase mellorar aos traballadores e traballadoras que teñen os salarios máis baixos, como o colectivo das limpadoras ás que se lle incrementa o horario, a fin de que poidan ter salarios máis axeitados e mellores cotizacións á hora da xubilación.

Outros investimentos importantes son o Plan de Mellora dos Colexios, con máis de 60.000 euros, aos que se sumarán diferentes achegas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, tal e como se leva facendo nos anteriores exercizos orzamentarios para conseguir mellorar os colexios e apostar pola educación, como prioridade estratéxica do Concello.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones