Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O concello de Tomiño pecha o exercicio orzamentario de 2017 con estabilidade orzamentaria e cumprindo a regra de gasto

A puntualidade nos pagos aos provedores, segue sendo outra constante, estando a media en menos de trinta días

A puntualidade nos pagos aos provedores, segue sendo outra constante, estando a media en menos de trinta días

Fecha: 06 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O concello de Tomiño pechou o pasado exercicio con estabilidade orzamentaria, é dicir, que os gastos non sobre pasaron os ingresos; así como cumprindo a regra de gasto. Deste xeito, no 2017 obtívose un superávit de 947.702,95 euros, tal coma reflicte o cálculo obxectivo de estabilidade orzamentaria, realizado polo Departamento de intervención. Destes e outros datos, deuse conta no último pleno ordinario, tal coma a lei o require.

Asemade, existe a obriga legal de comprobar, coa liquidación dos orzamentos, o cumprimento do obxectivo da Regra de Gasto que, segundo os informes preceptivos, cómprese no caso de Tomiño.
Do mesmo xeito, o nivel de débeda do Concello, estaría moi por debaixo do 75% dos ingresos correntes.

O concelleiro de Fazenda, Uxío Benítez, explica que "o Concello foi responsable na execución do gasto, axustando o que se gasta aos ingresos previstos".

A Alcaldesa, Sandra González, pola súa banda salienta que "o máis importante, ademais destas cuestión técnicas de boa execución orzamentaria, é que o Concello de Tomiño segue destacando pola puntualidade nos pagos aos provedores, estando a media en menos de trinta días. "O concello é solvente economicamente e ten un nivel de execución óptimo, o que nos permite estar satisfeitos coa nosa xestión económica, agradecendo a labor de concelleiros, concelleiras e do equipo de intervención, que realiza a xestión diaria", comentou a rexedora.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones