Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O CONCELLO DE TOMIÑO PON A PUNTO OS CENTROS EDUCATIVOS PARA O COMEZO DO CURSO ESCOLAR

Ademáis, do mantemento ao longo de todo o ano, o Concello acometeu melloras no interior e exterior dos centros infantís e de primaria atendendo ás necesidades do alumnado e profesorado.

Ademáis, do mantemento ao longo de todo o ano, o Concello acometeu melloras no interior e exterior dos centros infantís e de primaria atendendo ás necesidades do alumnado e profesorado.

Fecha: 04 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O goberno local de Tomiño ven de por a punto os centros educativos atendendo as necesidades do alumnado e profesorado. As melloras levadas a cabo aproveitando as vacacións estivais, revirtirán no mellor funcionamento dos centros.

Ademáis do mantemento do que se encarga o Concello ao longo do curso escolar, acometéronse melloras nas unitarias como Barro onde se arranxou a cuberta e foi tratada co fin de paliar humidades. Na unitaria de Vilachán, foron os baños o obxectivo das obras; e en Estás, ademáis de pequenas obras de mantemento, pintouse o interior da escola. O mesmo tratamento contra humidades e limpeza do exterior fíxose na escolas vellas do CEIP de Sobrada onde ademáis se acondicionaron unha aula de psicomotricidade, un aula de usos múltiples e se cambiaron ventás e pisos.

Por outra parte, no CEIP de Barrantes colocáronse dous novos baños, un para cada aula infantil e procedeuse a pintar diversos espazos.

En Goián, o CEIP Pintor Antonio Fernández arranxouse a aula de inglés e plástica ademáis de cambiar o chan por tarima flotante e de pintalos.

O CEP Pedro Caselles beneficiouse de melloras na cociña, da restauración de vaios mobres e de diferentes obras no exterior.

As obras xa foron rematadas e no curso escolar que dará comezo a vindeira semana, o alumnado e profesorado poderase beneficiar das melloras levadas a cabo.

A Alcaldesa, Sandra González, destacou " o compromiso deste Concello coa educación". Segundo González, "dende o equipo de goberno continuamos a mellorar as instalacións educactivas mais tamén seguimos colaborando de xeito directo cos equipos directivos e coas anpas co fin de axilizar e traballar de conxuntamente toda a comunidade educativa co fin de revertir no alumnado".

Nesta liña de colaboración, enmárcase a creación do Consello Escolar Municipal, que ten coma propósito principal "axilizar e incrementar a colaboración entre os colexios, as Anpas e o Concello".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí