Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño pon en marcha accións formativas para desempregados/as subvencionadas pola Xunta

Os dous cursos impartiranse no Centro de formación ocupacional de O Regatiño en Goián.

Os dous cursos impartiranse no Centro de formación ocupacional de O Regatiño en Goián.

Fecha: 29 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

OS CURSOS OFERTADOS, SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E ACTIVIDADESADMINISTRATIVAS, IMPARTIRANSE NO CENTRO DE FORMACIÓN DE O REGATIÑO EN GOIÁN

O Concello pon en marcha o programa de accións encamiñadas á formación prioritaria de personas desempregadas de Tomiño, subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Os dous cursos impartiranse no Centro de formación ocupacional de O Regatiño en Goián. Un trata de  Actividades administrativas na relación co cliente, nivel 2 (818 horas, con fechas previsitas do 30/10/2017 ata o 28/06/2018 e horario de 8:30 a 13:30). E o outro curso trata de Sistemas Microinformáticos, nivel 2 (618 horas, con fechas previstas do 2/11/2017 ata o 19/06/2018 e horario de 15:00 a 19:00). Admitiráse un número máximo de 15 alumnos por curso e o aproveitamento do mesmo permitirá obter o correspondente certificado de profesionalidade.

Os participantes nestos cursos deberán ser persoa desempregada e ademais cumprir algún dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de graduado ou graduada en ESO.

b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder.

c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.

d) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións  educativas.

e) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos.

f) Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

Información e inscripcións na Oficina de Emprego de Tui e na páxina web http://emprego.ceei.xunta.gal/listaxe-de-especialidades-formativas

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones