Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO PREPARA UN NOVO PROXECTO DE VOLUNTARIADO A FINANCIAR CON FONDOS EUROPEOS

De xaneiro de 2016 a 2017 dous voluntari@s doutros países participarán neste programa do Servizo Voluntario Europeo.

De xaneiro de 2016 a 2017 dous voluntari@s doutros países participarán neste programa do Servizo Voluntario Europeo.

Fecha: 14 de Agosto de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño prepara o seu novo proxecto de voluntariado europeo polo cal dous moz@s doutros países residirán no municipio e durante un ano participarán en programas de educación, deportes e saúde locais.

O Concello de Tomiño profundiza nesta liña de traballo con programas de voluntariado europeo. A andaina comezou no ano 2009 co programa de Xuventude en Acción promovido dende a OMIX. A través deste primeiro programa mozos de Tomiño puideron beneficiarse de cursos de formación noutros países e o mesmo de mozos e mozas doutros países en Tomiño.

No ano 2012 Tomiño participa no programa "Europa nas Fronteiras" a través do cal Marin de Estonia e Iwona de Polonia se mudaron a Tomiño durante un ano e participaron de forma activa en programas de formación, dinamización cultural e deportiva locais. No ano 2013, tocoulle o turno a Sandra de Rumania e Joannis de Grecia.

Non só mozos e mozas doutros países europeos se beneficiaron deste programas europeos senón que os voluntarios de Tomiño participaron en actividades formativas e intercambios noutros países como Chequia.

O actual programa de voluntariado do que Tomiño é o único Concello de Galicia que participa, inclúe coordinación de cursos de formación e obradoiros relacionados co deporte e a saúde. Tamén o programa "é aprender" e os proxectos infantís coorganizados con Unicef contará co traballo dos dous novos voluntarios europeos que en xaneiro comezarán o seu traballo en Tomiño.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca "a traxectoria de Tomiño na programación do voluntariado europeo e o esforzo do equipo técnico para que os mozos e mozas do concello se poidan beneficiar profesionalmente de formación noutros países".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones