Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO PRESENTA A SÚA OFERTA FORMATIVA PARA 2015

Ofrécense cursos de monitor tempo libre, sendeirismo micolóxico, plantas medicinais, primeiros auxilios, idiomas e linguaxe de signos

Ofrécense cursos de monitor tempo libre, sendeirismo micolóxico, plantas medicinais, primeiros auxilios, idiomas e linguaxe de signos

Fecha: 13 de Febrero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño vén de presentar unha ampla programación formativa, con cursos de monitor de tempo libre, sendeirismo micolóxico, plantas medicinais, primeiros auxilios, idiomas e linguaxe de signos.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salienta o esforzo económico realizado polo goberno local para non descoidar a formación dos veciños e veciñas do municipio, de cara á súa inserción laboral e mellora persoal. "Estamos convencidos da importancia de investir en educación e formación dos nosos nenos/as, mozos/as e adultos/as, xa que eles son os que terán no futuro a tarefa de seguir desenvolvendo políticas de crecemento e traballando para conseguir un Tomiño mellor", comenta a rexedora.

PROGRAMACIÓN FORMATIVA TOMIÑO 2015

CURSO DE PODA (100 horas)

Este curso está orientado ás persoas interesadas en adquirir os coñecementos necesarios para podar plantas, árbores e arbustos para que adquiran maior vigor, estética, floración e froito. Os contidos que van impartirse son: técnicas e principios básicos, ferramentas e equipos de poda, prevención de riscos en altura, métodos e calendario de poda, poda de rosais, árbores, arbustos, vivaces, trepadoras, setos e frutais. Este curso é teórico-práctico.

Inicio: 9 de marzo e ata o 1 de abril. Horario: de luns a venres de 9.30h a 13.30h. Prezo inscrición: 30€. Para que o curso se leve a cabo será necesario un mínimo de 15 persoas. Requisitos de inscrición: a partir dos 16 anos. Terán preferenza as persoas empadroadas no concello de Tomiño. En caso que de queden prazas libres, poderán inscribirse as persoas doutros concellos

CURSO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE (150 horas) Homologado pola Consellería de traballo e Benestar da Xunta de Galicia:  O obxectivo deste curso é que as persoas maiores de idade (con certificado de EXB, ESO, FP ou equivalente) acaden a titulación oficial homologada de monitor/a de actividades de tempo libre para que así podan traballar en campamentos, ludotecas, empresas de lecer, concellos etc.

Se non se acada un mínimo de 25 participantes o curso aumentará de prezo.

Inicio:11 de abril e ata o 31 de maio. Horario: sábados e domingos de 9 a 14h e de 16h a 20h. Prezo inscrición: 195€ (un 10% de desconto para o alumnado de Tomiño). Para que o curso se leve a cabo será necesario un mínimo de 15 persoas. Requisitos de inscrición: a partir dos 18 anos. Terán preferenza as persoas empadroadas no concello de Tomiño. En caso que de queden prazas libres, poderán inscribirse as persoas doutros concellos

SENDEIRISMO MICOLÓXICO (5 horas)

As persoas participantes recibirán formación básica para o recoñecemento dos fungos e dos seus froitos, os cogomelos. Coñecerán o seu xeito de vida, a súa importancia ecolóxica e aprenderán a clasificar as diferentes especies e a comprender a importancia da súa correcta xestión e conservación. O obradoiro é teórico-práctico no medio natural.

Inicio: 21 de novembro (duración dun día). Horario: sábado de 9 a 14h. Prezo inscrición: 12€. Para que o curso se leve a cabo será necesario un mínimo de 15 persoas. Requisitos de inscrición: a partir dos 12 anos. Terán preferenza as persoas empadroadas no concello de Tomiño. En caso que de queden prazas libres, poderán inscribirse as persoas doutros concellos

PLANTAS MEDICINAIS - FITOTERAPIA (12 horas)

No noso entorno existen moitas plantas comúns que teñen propiedades non tan comúns. No pasado esas propiedades eran máis coñecidas, pero hoxe en día quedaron un tanto esquecidas. Neste obradoiro aprenderase a recoñecer diferentes plantas ás que podemos acceder con facilidade e que teñen propiedades medicinais.

Inicio: 14 de abril e ata o 30 de abril. Horario: martes e xoves de 20h a 22h. Prezo inscrición: 10€. Para que o curso se leve a cabo será necesario un mínimo de 15 persoas. Requisitos de inscrición: a partir dos 12 anos. Terán preferenza as persoas empadroadas no concello de Tomiño. En caso que de queden prazas libres, poderán inscribirse as persoas doutros concellos

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS (40 horas)

Proporcionar os coñecementos teórico-prácticos necesarios para poder ofrecer unha axuda eficaz ás persoas que se atopan nunha situación de emerxencia, xa sexa por accidente ou enfermidade, para poder afrontar eses decisivos. Trátase de recoñecer situacións de risco vital e signos de gravidade, aplicar as técnicas axeitadas a cada emerxencia, poñer en marcha o sistema de urxencias médicas (RCP, PAS, exame inicial, contusións e feridas, hemorraxias, queimaduras, fracturas, prácticas de primeiros auxilios).

 Inicio: 4 de maio e ata o 25 de maio. Horario: de luns a xoves de 19 a 22h. Prezo inscrición: 25€. Para que o curso se leve a cabo será necesario un mínimo de 15 persoas. Requisitos de inscrición: a partir dos 16 anos. Terán preferenza as persoas empadroadas no concello de Tomiño. En caso que de queden prazas libres, poderán inscribirse as persoas doutros concellos

CURSO BÁSICO, INTERMEDIO E AVANZADO DE FRANCÉS (24h cada curso=72h) O concello leva anos apostando polos cursos de idiomas, entre éstes os de francés, que sempre teñen moita aceptación e demanda entre a poboación. Ademais de que aprender outra lingua amplía as nosas habilidades comunicativas e axúdanos a introducirnos noutra cultura (o curso será impartido por unha profesora nativa), o coñecemento da mesma tamén pode abrirnos portas a nivel laboral.

BÁSICO: Inicio: 16 de setembro ata o 30 de outubro. Horario: mércores e venres de 20h a 22h. INTERMEDIO: Inicio: 4 de novembro e ata o 18 de decembro. Horario: mércores e venres de 20h a 22h. AVANZADO: Inicio:  23 de decembro e ata xaneiro. Horario: mércores e venres de 20h a 22h. Prezo inscrición: 15€ cada curso. Para que o curso se leve a cabo será necesario un mínimo de 15 persoas. Requisitos de inscrición: a partir dos 12 anos. Terán preferenza as persoas empadroadas no concello de Tomiño. En caso que de queden prazas libres, poderán inscribirse as persoas doutros concellos

CURSOS DE INGLÉS A2, B1,B2 (30h cada curso=90h) O concello leva anos apostando polos cursos de idiomas, que sempre teñen moita aceptación e demanda entre a poboación. Ademais de que aprender outra lingua amplía as nosas habilidades comunicativas e axúdanos a introducirnos noutra cultura, o coñecemento da mesma tamén pode abrirnos portas a nivel laboral e facilitar o envío e acollida de voluntariado europeo.

A1 Inicio: 4 de maio ata o 25 de xuño. Horario: martes e xoves de 11.30h a 13.30h. B1 Inicio: 15 de xuño e ata o 29 de xullo. Horario: luns e mércores de 19.30h a 21.30h. B2 Inicio: 15 de setembro ata o 29 de outubro. Horario: martes e xoves de 20 h a 22h.  Prezo inscrición: 15€ por curso. Para que o curso se leve a cabo será necesario un mínimo de 15 persoas. Requisitos de inscrición: a partir dos 12 anos. Terán preferenza as persoas empadroadas no concello de Tomiño. En caso que de queden prazas libres, poderán inscribirse as persoas doutros concellos 

CURSOS DE PORTUGUÉS BÁSICO-INTERMEDIO 1- INTERMEDIO 2 (30h cada curso=90h) O concello leva anos apostando polos cursos de idiomas, entre estes os de portugués, lingua que se fala no país veciño e en moitos outros do mundo. Alén de que aprender outra lingua amplía as nosas habilidades comunicativas e axúdanos a introducirnos noutra cultura, o coñecemento da mesma tamén pode abrirnos portas a nivel laboral.

BÁSICO: Inicio: 3 de novembro ata 19 de novembro. Horario: martes, mércores, xoves  de 10 a 13. INTERMEDIO 1: Inicio: 19 de novembro ata 30 de decembro. Horario: martes e xoves de 18h a 20h.  INTERMEDIO 2: Inicio: 15 de decembro ata xaneiro Horario: luns e mércores de 18h a 20h. Prezo inscrición: 15€ cada curso.  Para que o curso se leve a cabo será necesario un mínimo de 15 persoas. Requisitos de inscrición: a partir dos 12 anos. Terán preferenza as persoas empadroadas no concello de Tomiño. En caso que de queden prazas libres, poderán inscribirse as persoas doutros concellos

CURSO DE LINGUA DE SIGNOS (30 Hs.) Esta acción formativa enmárcase coma unha acción apropiada para o aumento de cualificación das persoas participantes, e para a consecución da integración social.

Inicio: 14 de setembro ata o 28 de outubro. Horario: luns e mércores de 20h a 22h. Prezo inscrición: 25€. Para que o curso se leve a cabo será necesario un mínimo de 15 persoas. Requisitos de inscrición: a partir dos 12 anos. Terán preferenza as persoas empadroadas no concello de Tomiño. En caso que de queden prazas libres, poderán inscribirse as persoas doutros concellos

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones