Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO PRESENTA UN VIDEO PROMOCIONAL DO SERVIZO DE VOLUNTARIADO MUNICIPAL

O vídeo foi lanzado hoxe nas redes sociais e interveñen os voluntarios e voluntarias presentando as liñas de traballo do servizo.

O vídeo foi lanzado hoxe nas redes sociais e interveñen os voluntarios e voluntarias presentando as liñas de traballo do servizo.

Fecha: 18 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de Tomiño


O Concello de Tomiño lanza un video promocional do servizo de voluntariado municipal. O servizo de voluntariado local iníciase no ano 2003 cando o concello se dá de alta como Entidade de Acción Voluntaria no rexistro da Xunta de Galicia. Pretende ser referenza clara na organización de voluntarios e voluntarias cuns obxectivos que cumprir, cuns recursos necesarios e cunhas actividades a realizar recollidas nunha programación anual elaborada de xeito cooperativo.

O grupo de voluntariado municipal conta actualmente con máis de 25 mozos e mozas que desenvolven actividades educativas, culturais, sociais, ambientais. Entre as súas áreas de acción están o programa educativo "É Aprender", proxectos de igualdade, de promoción da lingua e cultura galegas, conmemoración de efemérides, educación afectivo-sexual, recollida de lixo en kaiak etc

O servizo de voluntariado xurdiu como Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e aos poucos anos do seu nacemento iniciou os proxectos no eido do voluntariado. No ano 2011 a Omix participa no programa europeo "Xuventude en Acción" e un ano despois o Concello de Tomiño acada a acreditación como entidade de acollida e envío de voluntarios e voluntarias pertencente ao Servizo Voluntariado Europeo (SVE). Dende o ano 2011 ademais o Concello de Tomiño se beneficia do programa Erasmus + dirixido non só ao voluntariado tomiñés senón aos mozos e mozas en xeral. A través deste programa a mocidade tomiñesa ten participado en encontros e en cursos formativos máis aló das nosas fronteiras como República Checa, Polonia ou Estonia. Actualmente e no marco deste programa os mozos e mozas de Tomiño están participando nun proxecto relacionado coa educación coas linguas minoritarias como tema central.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca "a traxectoria de Tomiño na programación do voluntariado europeo e o esforzo do equipo técnico para que os mozos e mozas do concello se poidan beneficiar profesionalmente de formación noutros países".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones