Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO, PRIMEIRO MUNICIPIO RURAL QUE PRESENTA UN PLAN DE ACCESIBILIDADE

O Plan de Accesibilidade foi presentado esta mañá na Casa Consistorial e contou coa presenza do colectivo de usuarios e usuarias da Asociación Vontade, o seu Presidente, Miguel Pazo, e o responsable de COGAMI, Anxo Queiruga.

O Plan de Accesibilidade foi presentado esta mañá na Casa Consistorial e contou coa presenza do colectivo de usuarios e usuarias da Asociación Vontade, o seu Presidente, Miguel Pazo, e o responsable de COGAMI, Anxo Queiruga.

Fecha: 12 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de presentar esta mañá o plan de accesibilidade que contempla a intervención en diferentes puntos do municipio como torreiros, prazas, parques, zonas de aparcadoiro, zonas peonís, paseos fluviais, zonas escolares, cemiterios, ou edificiacións municipais.

O proxecto responde a unha iniciativa da Asociación de Persoas con Discapacidade "Vontade", cuxa sede se atopa no barrio da Rocha-Tomiño, que analizou lugares do municipio con maior afluencia de persoas.

A idea foi suxerida por usuarios do colectivo nunha edición do Concello Escoita celebrado na parroquia de Santa María de Tebra. Á raíz daquela suxerencia por parte de usuarios de Vontade, procedeuse a analizar os espazos e xestionar o plan de mellora de accesibilidade que finalmente se presentou esta mañá. A presentación contou coa presenza de boa parte dos usuarios e usuarias do colectivo Vontade que non quixeron perderse este evento de relevante para eles.

O Concello pola súa parte, ten incluido medidas de accesibilidade en todos os proxectos executados. Así intervencións en espazos e instalaciósn municipais como a Aula Antonio Fernández, auditorio e pabillón de Goián, o mercado municipal ou a praza do Seixo e a Casa Consistorial son accesibiles aos veciños e veciñas en igualdade de condicións independentemente da súas particularidades físicas.

O plan de accesibilidade é un proxecto pioneiro en Galicia xa que recolle intervencións en espazos rurais e polo tanto núcleos dispersos.

Anxo Queiruga, Presidente de COGAMI, destacou a importancia deste proxecto. Queiruga mostrou a súa ledicia por "levar a cabo medidas desta índole en concellos rurais, e facelo cun plan ambicioso no que non só se contemplan intervencións en espazo urbanos senón en áreas de usos público nas parroquias". O Presidente de COGAMI, ademáis, resaltou que "as melloras de accesibilidade son melloras para o conxunto da cidadanía, e polo tanto a accesibilidade é un tema transversal".

Uxío Benítez, Concelleiro de Planificación Territorial, Facenda e Proxectos Estratéxicos e Deputado Provincial responsable da área de Mobilidade, lembrou "o novo concepto de mobilidade que dende a Deputación se ven implementando respecto das actuacións do órgano provincial". Segundo Benítez, "o pasado 29 de xaneiro o pleno provincial aprobou un decálogo de criterios de estradas provinciais que parten da base de que a prioridade son as pesoas por riba dos vehículos. En función deste decálogo, os proxectos provinciais teñen que dar prioridade á seguridade, igualdade e accesibilidade das persoas".

A Alcaldesa, Sandra González, agradeceu o compromiso e labor feita dende a Asociación Vontade e dende o departamento provincial de COGAMI. A Alcaldesa destacou "a importancia deste proxecto que busca intervir en todas as parroquias para chegar ao maior número de veciños e veciñas". Segundo González "o Concello leva varios anos contemplando medidas de accesibilidade en todos os proxectos que temos executado e proba diso é que recentemente, na Casa Consistorial, todos os veciños e veciñas independentemente das súas capacidades físicas entran pola porta principal".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones