Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO PROMOCIONA O PATRIMONIO CULTURAL CON VISITAS GUIADAS A FORTALEZA DE SAN LOURENZO DE GOIÁN, OS PETROGRIFOS DO MONTE TETÓN E AULA MUSEO ANTONIO FERNÁNDEZ

A Aula Museo Antonio Fernández permanecerá aberta os meses de xullo e agosto os venres e sábados

A Aula Museo Antonio Fernández permanecerá aberta os meses de xullo e agosto os venres e sábados

Fecha: 08 de Julio de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

A Aula Museo Antonio Fernández volveu abrir as súas portas iniciando as visitas guiadas. Estará aberta os venres de 10 a 14h e de 17 a 21h e os sábados de 10 a 14h. A visita poderá ser guiada ou por libre, sendo responsables das mesmas unha técnica de historia de arte que informará aos visitantes sobre a vida e obra do pintor goianés Antonio Fernández.

O período estival, ademáis, trae consigo visitas aos petrogrifos do Monte Tetón e a Fortaleza de San Lourenzo de Goián. As actividades teñen como obxectivo promocionar o patrimonio histórico e dar a coñecer a riqueza histórica do Concello tanto aos visitantes de fora como aos veciños e veciñas.

A actividade ao Monte Tetón consistirán na visita guiado dos petrogrifos e das mámoas. O percorrido correrá da man do arqueólogo do Instituto de Estudos Miñoranos, Xose Lois Vilar, que nos achegará a historia prehistórica do municipio. As visitas serán os venres 17 de xullo e 7 de agosto. É imprescindible inscribirse no teléfono 986 360 575 no horario de 18h30 a 21h30.

A fortaleza de San Lourenzo de Goián tamén se visitará o día 21 de agosto e o percorrido correrá a cargo de Hugo Lages. Ademáis, o Punto Fortaleza funcionará como oficina de información e posta en valor da Fortaleza de San Lourenzo. Para inscribirse no Concello de Tomiño, teléfono 986 622 001.

Todas as actividades son gratuitas e requiren de inscrición salvo as visitas a Aula Museo Antonio Fernández que se cinguirá ao horario de apertura do mesmo.

A Alcaldesa de Tomiño destaca a importancia de "promocionar o noso patrimonio e difundilo non só entre os que nos visitan no verán, senón tamén entre os veciños e veciñas que teñen con estas visitas guiadas unha oportunidade para coñecer o noso entorno".

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones