Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO REABRE O AUDITORIO DE GOIÁN E ACONDICIONAO COMO ESCOLA DE MÚSICA

A reapertura contou coas actuacións dos colectivos que imparten aulas no inmoble: escola de música, escola de teatro e treboada Os da fonte do frade.

Ata o de agora executáronse dúas fases das catro que se teñen previstas.

Fecha: 24 de Marzo de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño reabriu as súa portas este domingo nunha tarde na que o alumnado da escola de música, da escola de teatro e da treboada "os da fonte do frade" armonizaron unha xornada repleta de sorpresas.

Ata o de agora executáronse dúas fases das catro que se teñen previstas. Nestas primeiras fases a reforma consistiu en adecuar as instalacións para a escola de música que imparte as súas clases dende dende hai máis de 10 anos. O anexos do auditorio non contemplaban as necesidades que require impartir clases musicais o que dificultaba o bo funcionamento da escola.

Esta reforma supuxo a autonomía do funcionamento da escola de música do auditorio permitindo ser usadas de forma independente. Así creouse unha entrada indenpendente para a escola de música e mellorouse a existente que daba acceso ao auditorio coa ampliación do hall e a creación de novos baños.

A escola de música, pola súa parte, gañou en espazos adaptados a súas necesidades como unha oficina para a xerencia, un local de ensaio para a agrupación musical, unha biblioteca-fonoteca e unha aula de ensaio de uso múltiple.

As novas aulas están perfectamente insonorizadas e cumpren coas normativas vixintes para adaptar o seu uso a ensinanza musical.

O entorno do auditorio tamén se beneficiou dunha actuación na que se humanizou os arredores do auditorio e do pavillón acompañandose de bancos e arbolado.

A reforma tamén mellorou a accesibilidade que se complentará nas seguintes dúas fases que están en periodo de contratación. Nestas novas fases ampliarase a escola de música con máis aulas nas que novamente se contemplarán as melloras para o desenvolvemento das aulas.

Nestas 3ª e 4ª fases tamén o auditorio experimentará cambios cunha apliación do mesmo para camerinos e coa creación dun acceso directo ao escenario do que ata agora carece.

Orzamentariamente, nas dúas primeiras fases que foron executadas o importe supuxo 300.000 euros a cargo de fondos propios municipais. As dúas fases pendentes de contratar serán financiadas por fondos europeos (140.000 euros) e Deputación de Pontevedra (170.000 euros).
Os metros cadrados que foron intervidos até o de agora supoñen 585. Nas seguinte fases serán 381 metros cadrados.

A reforma e ampliación do auditorio de Goián era unha das peticións da Agrupación Musical de Goián que se encarga da ensinanza musical dos nenos e nenas do concello, máis de 150 alumnos. Un bo equipamento para as mesmas supón facilitar o aprendizaxe para o alumnado pero tamén unha maior profesionalización dunha escola que ano a ano crece na súa calidade formativa.

A escola de teatro e as clases dos treboeiros "os da fonte do frade" tamén se verán beneficiados destes investimentos e os tres colectivos disfrutarán dunhas instalacións sofisticadas e eficientes.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que " a reforma e a ampliación do auditorio era unha necesidade para os nenos e nenas que toman aulas de música. A súa eficiencia é para o equipo de goberno un motivo fundamental para investir porque o futuro dos mozos e mozas de Tomiño pasa pola cultura."
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones