Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O concello de Tomiño recuperará para as persoas as rúas A Guarda e Republica Arxentina

A actuación supón un investimento de 670.000 euros e conta cunha subvención da Deputación Provincial de 500.000

A actuación supón un investimento de 670.000 euros e conta cunha subvención da Deputación Provincial de 500.000

Fecha: 09 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vai dar un paso máis no seu proceso de transformación e recuperación do espazo público do núcleo urbano do Seixo.

O proxecto do Concello de Tomiño "Mellora da mobilidade e seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicos da Praza do Seixo", cun investimento total de 670.000 euros, vai supoñer un paso máis no proceso de cambio e transformación do núcleo urbano do Seixo.

A iniciativa pretende aproveitar a mudanza na mobilidade de vehículos que vai a supoñer a nova avenida que actualmente se está a construír, e que vai significar a eliminación de todo o tráfico de paso, o que pode significar o 90% dos vehículos que actualmente pasan polo Seixo.
Así, o proxecto contempla a peonalización e ampliación da praza do Seixo, ata os tramos da rúa A Guarda e rúa República Arxentina, e ata o entronque coa nova avenida, reformando todos os servizos urbanos e mellorando o espazo público cun deseño semellante á Praza do Seixo.

A rúa A Guarda pasará a ter un deseño máis estancial e comercial, creando espazos de encontro e áreas con bancos, vexetación e iluminación con catenarias. A rúa República Arxentina configurarase como unha alameda de entrada á Praza do Seixo, desde a rotonda de entronque da nova avenida, que pasará a ser o principal punto de referencia e entrada de Tomiño. Nos dous casos colocarase iluminación de alta eficiencia enerxética e renovaranse todos os servizos (auga, saneamento, pluviais, canalizacións, etc.).

Para poder dar máis servizo aos veciños e veciñas, o Concello mellorará e ampliará o segundo aparcadoiro, duplicando o número de prazas de estacionamento, e xerando ademais un terceiro aparcadoiro. Con todo isto, o goberno municipal quere que Tomiño sexa un exemplo de recuperación dos espazos públicos para as persoas, pasando a situar máis 100.000 m2 de espazos peonis e zonas verdes.

Sandra González, alcaldesa de Tomiño, entende que esta obra significará un paso moi importante de mellora do espazo, que irá en beneficio dos veciños e do comercio local, como xa supuxo a mellora da Praza do Seixo e do Mercado Municipal.

Para a realización desta obra, o goberno tomiñés foi quen de conseguir unha subvención de 500.000 euros, ao abeiro da convocatoria pública do Plan DepoRemse, da Deputación de Pontevedra, para o proxecto de remodelación, cun coste total de 670.000€, o que supón unha financiación do 75%.

O plan da Deputación pretende axudar aos Concellos na promoción da mobilidade sustentable nos seus viarios municipais, priorizando a seguranza viaria e a mobilidade peonil. O proxecto do concello de Tomiño foi un dos mais puntuados e conseguiu a máxima subvención posible.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones