Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño reforma o salón de plenos para facerllo accesible e multifuncional

A superficie do salón rolda os 120 metros cadrados, un terzo, aproximadamente, da superficie total do edificio situado na Praza do Seixo

A superficie do salón rolda os 120 metros cadrados, un terzo, aproximadamente, da superficie total do edificio situado na Praza do Seixo

Fecha: 12 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño está a levar a cabo as obras de reforma do Salón de Plenos, para facer del un espazo accesible a todas as persoas e dotado de mellores potencialidades.

O actual salón, cuxa reforma afrontarase cunha partida de 200.000 euros procedentes da Deputación de Pontevedra, non se atopaba adaptado para persoas con discapacidade funcional ou mobilidade reducida. Unicamente se situaba ao nivel da planta baixa a zona dos concelleiros, estando o resto do salón a un nivel inferior, non accesible a todos os cidadáns por ningunha das portas existentes.

A superficie do salón rolda os 120 metros cadrados, un terzo, aproximadamente, da superficie total do Concello, razón pola cal o Concello pretende crear un novo acceso directo, dende a Praza do Seixo (recentemente remodelada), aproveitando a existencia dun calexón de servizo sen uso. Deste xeito, o público que acude aos actos organizados na praza, poderá acceder directamente ao salón de plenos, que a partir da reforma, dedicarase tamén a outros usos, culturais, lúdicos, etc.

Segundo explica un dos arquitectos responsables das obras, Perfecto Cendón, "a finalidade deste proxecto é definir as obras de acondicionamento da estancia, aproveitando a oportunidade de incorporar o acceso ao Concello e salón de plenos dende a praza, coma unha unidade de equipamiento, mellorando a súa relación coa contorna inmediata e dándolle un novo sentido ao calexón de acceso".

Datos técnicos
Entre os condicionantes aos que se da resposta, figuran a subida do forxado do salón á cota do resto do edificio; a reurbanización do calexon norte, facendo del un novo acceso exterior ao público dende a Praza do Seixo, e potenciando así o uso do salón de plenos para outro tipo de eventos.

O novo espazo do salón de plenos trátase do seguinte xeito: na parede medianeira ao concello disponse dun armario lonxitudinal corrido, integrando nel os pilares de formigón, e servindo como soporte para as actividades que se desenrolarán neste novo espazo. O teito levántase, compensando así a diminuición de altura libre, resultado de subir o nivel do pavimento. Diséñase un teito de taboleiro de madeira contrachapada, ao que se da continuidade pola parede este. Disponse unha parte deste teito ranurado coa finalidade reducir a reverberación do local.

Fórranse os pilares da medianera leste e as vigas con paneis de heraklith tamen para mellorar as condicións acústicas do local. Quedan así marcadas na secuencia espacial do local os pórticos transversais. Aprovéitanse ademais así a xunta entre o teito de madeira e o forrado de heraklith para introducir unhas fosas de iluminación indirecta para as escenas máis tenues. Trátase cunha tarima de madeira o pavimento da zona de concelleiros a que se lle da continuidade, facendo fondo así da mesa de presidencia dos plenos. Ábrense dúas ventanas para iluminación natural na fachada sur, e proxéctanse tamén dúas correderas que permitan o oscurecemento do salón de plenos para proxeccións ou para fotografías nas roldas de prensa e outros eventos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones