Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño reforza o programa -É Aprender- ampliando o horario de atención psicopedagóxica

Trátase dun proxecto educativo que chega a súa 5ª edición como ferramenta de apoio ao estudo, desenvolvemento do pensamento crítico e habilidades emocionais, para alumnado da ESO e ciclo superior de Primaria

Trátase dun proxecto educativo que chega a súa 5ª edición como ferramenta de apoio ao estudo, desenvolvemento do pensamento crítico e habilidades emocionais, para alumnado da ESO e ciclo superior de Primaria

Fecha: 23 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Co fin de mellorar a calidade do ensino, o Concello de Tomiño, segue a levar adiante o programa É Aprender, unha das ferramentas (dende o curso 2012/2013), para chegar a cumprir có obxectivo principal do programa: axudar a nenos e nenas de Primaria e ESO a mellorar o rendemento escolar e superar dificultades de aprendizaxe.

Co propósito de mellorar esta acción, o Concello vén de ampliar o horario do servizo de psicopedagoxía, que constitúe un dos pilares do programa educativo, para tratar cuestións emocionais, sociais e familiares, que tamén deben terse en conta para acadar o obxectivo dunha educación plena, universal e permanente. É así que o apoio psicopedagóxico prestarase dúas tardes á semana, en lugar dunha, coma viña sendo até o de agora.

Polo mesmo, ademais das actividades propiamente educativas como o É Aprender, as disciplinas extraescolares gratuítas, etc. ... o Concello tenta fortalecer aspectos coma autonomía persoal, seguridade, participación, mobilidade, etc. coa organización doutras actividades e co apoio dos servizos sociais municipais, e incluso atención psicopedagóxica para persoas derivadas dende o IES ou do programa É Aprender.

Datos:
O programa É Aprender é un proxecto educativo que chega a súa 5ª edición como ferramenta de apoio ao estudo, desenvolvemento do pensamento crítico e habilidades emocionais, para alumnado da ESO e ciclo superior de Primaria. A día de hoxe asisten uns corenta nenos e nenas; 11 deles de Secundaria e o resto de Primaria. Coa colaboración do IES de Tomiño, a Concellalía de Educación, procedeu á contratación de persoal cualificado que se ocupa de coordinar a actividade, asistindo a cada un dos espazos educativos, situados en cinco parroquias diferentes (Tebra, Barrantes, Currás, Goián e Tomiño).

Máis información chamando ao teléfono 986 62 20 01 en horario de mañá.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones