Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO RETOMA AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE MAIORES

Máis de 25 persoas se benefician do Programa de Maiores.

As actividades desenvólvense nas instalacións do Centro de Recursos para persoas con Discapacidade Vontade.

Fecha: 03 de Octubre de 2015

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño inicia unha nova edición do Programa de Maiores. As actividades comezaron no día de hoxe e máis de 25 maiores retomaron as súas clases da man de técnicos especiliazados.

O Programa impártese no Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade Vontade, situado no Barrio da Rocha, en Tomiño. As actividades celébranse dous días a semana e abranguen tres áreas de traballo.

Por un lado, os martes de 10h a 11h30 desenvólvense actividades manipulativas, sociais, ...a cargo dunha educadora social. Por outro lado, os venres en horario de 10h00 a 11h30 é o turno de actividades de estimulación cognitiva das que se encarga unha psicopedagoga. Os venres, ademáis, en horario de 11h30 a 12h30 un fisioterapeuta encárgase das clases de ximnasia, pilatas e movilización adaptadas.

Os principais obxectivos destas actividades do Programa de Maiores son promover as relacións sociais e a autonomía persoal.

A Concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, destacou que " o Programa de Maiores busca mellorar a calidade de vida das persoas." Segundo Martínez, "dende o Departamento de Servizos Sociais levamos a cabo programacións inclusivas que favorezan o benestar dos veciños e veciñas, e o Programa de Maiores é unha liña de traballo que ano a ano retomamos".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones