Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño segue a súa aposta polo Servizo de Axuda no Fogar coa formación continua dos seus 40 auxiliares socio-sanitarios

Un total de 19 traballadores/as participaron no segundo curso deste ano especializado no coidado de persoas con Alzhéimer e outras demencias, de 100 h de duración

Un total de 19 traballadores/as participaron no segundo curso deste ano especializado no coidado de persoas con Alzhéimer e outras demencias, de 100 h de duración

Fecha: 04 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño segue a facer unha aposta estratéxica polo Servizo de Axuda no Fogar, un servizo orientado ao coidado de persoas en situación de dependencia que o municipio oferta dende hai anos. Un servizo "indispensable" para o Goberno local que segue mellorando cada ano coa formación continua e específica dos seus traballadores e traballadoras. Esta semana, 19 auxiliares socio-sanitarios recibían de mans da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e da concelleira de Benestar, Cristina Martínez, os diplomas como participantes na segunda edición do curso de atención socio-sanitaria especializado en persoas con Alzhéimer e outras demencias, realizado nos meses de maio e xuño.

Foron en total 100 horas de formación, 40 teóricas e 60 prácticas, nas que as 18 mulleres e o home participantes aprenderon a entender as alteracións de conducta e emocionais máis habituais nestes casos e a como enfrontarse a elas, proporcionando aos usuarios e usuarias a mellor resposta posible e mellorar así a súa calidade de vida e a dos seus coidadores/as.

A concelleira de Benestar salienta a disposición do Concello a continuar organizando accións formativas especializadas que permitan dar resposta á demanda actual non só das 113 persoas usuarias do servizo, senón tamén do mercado laboral. "Son proxectos de formación que non só melloran a competitividade dos profesionais, senón que tamén fan que aumente a percepción de calidade do servizo que teñen as persoas usuarias", salienta Martínez. Por este motivo, o Concello xa está organizando coa empresa adxudicataria do servizo, IDADES S.L., novos cursos formativos para o vindeiro ano.

O programa de axuda no fogar inclúe servizos de fisioterapia, acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables, así como tamén material técnico como grúas de mobilización persoal, camas articuladas, andadores, cadeiras de rodas, cadeiras de ducha-baño e outros materiais necesarios para o coidado de persoas maiores ou enfermas. Na actualidade, 40 auxiliares socio-sanitarios realizan un total de 40.000 horas mensuais para atender aos 113 usuarios e usuarias. O Concello de Tomiño investiu este ano 564.000 euros neste servizo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones