Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO URBANIZA O ENTORNO DA NOVA ESCOLA INFANTIL DE GOIÁN

A obra, cun importe de máis de 86.000 ?, permitirá conformar un espazo público de preferencia peonil no Camiño Vello, conectando a praza de abastos e a praza Antonio Fernández

A obra, cun importe de máis de 86.000 ?, permitirá conformar un espazo público de preferencia peonil no Camiño Vello, conectando a praza de abastos e a praza Antonio Fernández

Fecha: 14 de Enero de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño iniciou onte as obras de urbanización do entorno da nova escola infantil de Goián. Con esta actuación a rúa Camiño Vello no tramo entre a escola infantil e a praza de abastos pasará a incorporarse ao espazo público xerarando um amplio entorno de preferencia peonil.

A actuación pretende dar continuidade as distintas actuacións nos espazos públicos que ten feito o concello de Tomiño, nomeadamente a Praza Pintor Antonio Fernández. A obra consistirá no derrube do actual muro que delimita a parcela, xerando un amplio espazo público con zonas verdes, árbores e mobiliario urbano. O proxecto contempla tamén a canalización dos servizos de telefonia e alumeado público e a pavimentación de todo o espazo, garantindo a accesibilidade aos equipamentos públicos e eliminando barreras arquitectónicas.

O importe da obra é de 86.394€. As obras de urbanización iniciaronse onte e teñen de prazo 3 meses, ainda que se as condicións climatolóxicas acompañan o Concello e a empresa aspiran a que se pidan finalizar antes das festas de entroido.

Co remate destas obras porase fin ao proxecto da nova escola infantil, e a Xunta poderá iniciar a súa apertura. A nova escola infantil de Goián e completará o actual servizo de escolas infantís de Tomiño, pasando a ser o único concello da comarca con 2 escolas infantís.

O Concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, destacou a importancia desta intervención xa que "outorga para disfrute dos veciños e veciñas de Goián un novo espazo humanizado na que os peóns teñen prioridade por riba dos coches". Segundo Benítez, "este proxecto continúa na liña de actuacións anteriores no Concello como a Praza do Seixo ou o torreiro de Currás ven de ser remodelado. O novidoso desta intervención é que aporta accesibilidade nun espazo de equipamentos públicos permitindo un uso para todos e todas os veciños e veciñas redundando na calidade de vida dos goianeses".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones