Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Concello do Rosal afirma que a auga de abastecemento da traída municipal ten todas as garantías sanitarias

Que é certo que este valor de 200µ/l se supera en ocasións, segundo as choivas, pero que en ningún momento esta auga deixa de ser apta para o consumo humano

Que é certo que este valor de 200µ/l se supera en ocasións, segundo as choivas, pero que en ningún momento esta auga deixa de ser apta para o consumo humano

Fecha: 08 de Abril de 2017

Fuente: Infomiño.com

Ante a alarma social creada por unha nota informativa do PSOE do Rosal difundida entre a poboación e nos medios de comunicación no día de onte,
O Concello do Rosal INFORMA:
- Que a auga de abastecemento da traída municipal ten todas as garantías sanitarias que o REAL DECRETO 140/2003, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano, esixe para a súa distribución.
- Que é certo que o valor paramétrico para o Al (aluminio) que este decreto establece para a auga é de 200 µ/l ( na nota difundida do PSOE multiplican por mil a cantidade existente porque segundo afirman esta é de 210mg, 230mg e 347mg/l, sendo a unidade de medida o microgramo e non o miligramo como difunden)
- Que é certo que este valor de 200µ/l se supera en ocasións, segundo as choivas, pero que en ningún momento esta auga deixa de ser apta para o consumo humano, de feito a Consellería de Sanidade a considera apta para o seu consumo con incumprimento para este parámetro.
- Que o RD 140/2003, é una norma nacional, quere decir isto que non contempla as augas que pola súa natureza son máis ricas en algúns parámetros, como o Al, dependendo da localización do manancial. É dicir, se o manancial nace en rochas ricas en silicatos de Al, como o é o caso do manancial da Arcela que abastece á traída municipal, esta auga é máis rica en Al.
- Que precisamente por este feito, existe un documento consensuado entre o Ministerio de Sanidade e as CCAA, aprobado o 9 de marzo de 2005, no que se desenvolve o artigo 27.7 do RD 140/2003, e que establece una marxe entre 200µ/l e 1000µ/l, para a auga de consumo humano, sendo non apta a partir desta cantidade.
- Que o mesmo sucede co parámetro pH que, no caso de Galicia, é máis baixo que noutras zonas de España pola natureza da rocha e nón por iso, deixa de ser apta para o seu consumo.
- Que a Consellería de Sanidade é coñecedora en todo momento desta disconformidade ou incumprimento e que, conxuntamente, se está a traballar nun proxecto para a súa corrección.
Por todo o exposto, o Concello do Rosal, reitera que a auga da traída municipal é APTA PARA O CONSUMO, con todas as garantías sanitarias e lamenta que a FALTA DE INFORMACIÓN, DESCOÑECEMENTO E IRRESPONSABILIDADE poida causar algún tipo de alarma social.
En calquera caso, estamos á disposición dos veciños e veciñas para facilitarlles calquera información que precisen.
Jesús Mª Fernández Portela, Alcalde do Rosal, a oito de abril de 2017

NOTA REMITIDA POLO PSdG-PSOE DO ROSAL
 
ABASTECEMENTO DE AUGA CONSUMO HUMANO

O GRUPO SOCIALISTA MUNICIPAL DO ROSAL QUERE ADVERTIR OS VECIÑOS PARA QUE TOMEN AS MEDIDAS PARA O CONSUMO DO ABASTECEMENTO DE AUGA QUE O CONCELLO LLE SUMINISTRA A TRAVES DA TRAIDA DOS DEPOSITOS DA BURACA E MANANTIAL DE ARCELA DA REDE DE MARTIN.
O CONCELLO FOI ADVERTIDO POLA XEFATURA TERRITORIAL DE SANIDADE DE PONTEVEDRA DAS SEGUINTES DEFICIENCIAS PARA O CONSUMO HUMANO DOS SEGUINTES CONTROIS:
25 Abril 2016 Manantial de Arcela 210 mg/l de Aluminio
Depósito da Buraca 230 mg/l de Aluminio
14 Febreiro 2017 Rede de Martín 347 mg/l de Aluminio
Máximo de 200 mg/l de Aluminio para o consumo humano (Apartado A do Anexo I do RD 140/2003)
A XEFATURA DETECTA ESTA NON CONFORMIDADE PARA O CONSUMO HUMANO QUE LLE TRASLADA O CONCELLO.
NO PLENO MUNICIPAL DO PASADO 25 DE MARZO, PREGUNTAMOS O ALCALDE SOBRE ESTES ANALISIS E O SUMINISTRO E AFIRMARON QUE CUMPREN CA LEXISLACION. NOS DESCONFIAMOS E QUEREMOS QUE CADA VECIÑO TOME PRECAUCIONS, PODEN INFORMARSE SOBRE OS PROBLEMAS DO EXCESO DE ALUMINIO PARA QUE VALOREN O SEU CONSUMO, XA QUE LEVAN CASI UN ANO CONSUMINDO ESTE EXCESO DE ALUMNIO NO SEU CORPO.

En O Rosal 07 de Abril de 2017

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí