Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal aproba este venres os orzamentos do cambio

Tríplicase o investimento en promoción cultural para achegar a cultura aos barrios, duplícase o gasto en investimentos e increméntase nun 30% a partida para o servizo de Axuda no Fogar

Tríplicase o investimento en promoción cultural para achegar a cultura aos barrios, duplícase o gasto en investimentos e increméntase nun 30% a partida para o servizo de Axuda no Fogar

Fecha: 24 de Enero de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Uns orzamentos ambiciosos que supoñen un punto de inflexión na xestión municipal e "abre un tempo novo no proxecto de presente e de futuro do concello buscando a súa mellora e transformación progresiva". Así serán as contas do Concello do Rosal para este ano 2020, as primeiras do Goberno municipal liderado por Ánxela Fernández e que se aprobarán en pleno este venres 24 de xaneiro (20.30 h). Uns orzamentos que superan os 3,3 millóns de euros con importantes incrementos en partidas estratéxicas, deseñados en colaboración co tecido asociativo e artellados acorde ás necesidades do municipio.

Destaca o importante esforzo do Goberno local para impulsar nestes orzamentos a promoción cultural, buscando a deslocalización das actividades e achegando así a cultura a toda a veciñanza. Deste xeito triplícase o investimento na axenda cultural por barrios para dar resposta á realidade social do Rosal, que conta cunha veciñanza con dispersión e envellecemento. "Queremos facilitar o acceso á cultura, achegándoa pouco a pouco aos barrios e poñéndoos en valor ", salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.

Duplícase ademais o gasto en investimentos chegando case aos 140.000 euros. Unha cifra que incrementará ao longo do ano xa que nela non están incluídos investimentos que se realizarán con fondos externos procedentes do Plan Concellos ou do Premio Galicia Parabéns. Importante suba tamén para o servizo de Axuda no Fogar, que crece un 30% e chega ata os 206.000 euros para atender as máis de 12.000 horas anuais que se realizan ao abeiro deste programa.

Outra das partidas que contarán cun maior incremento será a de persoal para "camiñar por primeira vez cara a redución da desigualdade corrixindo os desequilibrios salariais máis importantes existentes".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí