Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal contratará 12 traballadores desempregados a través dunha subvención da Deputación Provincial

Esta subvención ten unha dobre finalidade, de promoción de emprego, por unha banda, e de cooperación á conservación e funcionamentos dos bens e servizos municipais, por outra.

Esta subvención ten unha dobre finalidade, de promoción de emprego, por unha banda, e de cooperación á conservación e funcionamentos dos bens e servizos municipais, por outra.

Fecha: 07 de Febrero de 2019

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal contratará 12 traballadores desempregados a través dunha subvención da Deputación Provincial.

A partir do 1 de abril e ata o 31 de decembro deste ano prestarán servizos no concello do Rosal 12 traballadores/as que serán contratados a través da liña 3 (emprego) da subvención da Deputación Provincial denominada Plan concellos. Esta subvención ten unha dobre finalidade, de promoción de emprego, por unha banda, e de cooperación á conservación e funcionamentos dos bens e servizos municipais, por outra.

No ano 2019 a axuda concedida vai destinada á contratación a xornada completa de seis oficiais para revalorización de espazos públicos, un oficial electricista, un operador de maquinaria forestal e catro peóns de limpeza viaria e recollida de lixo. A duración dos contratos é diferente para cada un deles e vai dende os catro meses ata os nove, sendo desta última duración a maioría. Os de maior duración estarán xa traballando o día 1 de abril.

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu unha subvención por importe de 127.328,08 euros para os custes salariais e de seguridade social, achegando o Concello do Rosal o importe correspondente a outros gastos como indemnizacións por fin de contrato, roupa de traballo, prevención de riscos laborais, vixiancia da saúde, etc.

Os requisitos establecidos pola Deputación para a contratación deste persoal é que se trate de desempregados do municipio inscritos no Servizo Público de Emprego, sendo seleccionados/as de conformidade cos criterios de preferencia fixados tamén por aquela.

As ocupacións que se ofertarán a través da Oficina de Emprego de Tui serán as seguintes:

CNO/NIVEL PROFESIONAL (CATEGORÍA) - OCUPACIÓN
• 71211015/50 - 3 OFICIAIS ALBANEIS (nove meses)
• 94411010/00 - 4 MOZOS DE RECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA VIARIA (nove meses)
• 75101033/40/50/60 - 1 OFICIAL ELECTRICISTA (sete meses)
• 83221013/00 - 1 CONDUCTOR-OPERADOR DE MAQUINARIA FORESTAL CON MOTOR, EN XERAL (seis meses)
• 71211015/50 - 3 OFICIAIS ALBANEIS (catro meses)
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones