Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal inaugura con toda a veciñanza a rehabilitada Escola Unitaria de Pías

Este domingo 11 o centro acollerá a presentación das novas aulas cun contacontos ás 12.00 horas

Este domingo 11 o centro acollerá a presentación das novas aulas cun contacontos ás 12.00 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal inaugura a súa renovada Escola Unitaria de Pías por todo o alto. O Concello organiza este domingo 11 de setembro un acto inaugural aberto a toda a veciñanza pero pensado especialmente para público infantil, xa que nenos e nenas serán os usuarios finais destas novas instalacións. “Queremos que todos os rosaleiros e rosaleiras coñezan esta obra que marca un antes e un despois na rehabilitación de edificacións municipais e de gran valor patrimonial do noso concello”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A inauguración comezará ás 12.00 horas cunha presentación das aulas despois de todas as obras de reforma realizadas nos últimos meses, e continuará coa representación ‘Staccato & Legato’ de Maga da Voz, un contaconto do libro de Marisa Núñez ‘Lucinda e o inspector vinagre’ no que as familias participarán activamente a través de diversos xogos de música, movemento e expresión corporal para experimentar e integrar as emocións que unen e separan.

Con estas obras o Concello do Rosal continúa pola súa aposta por reforzar e modernizar a educación de proximidade. Os traballos de reforma permitiron transformar o centro en termos de eficiencia enerxética, con intervencións destinadas a reducir ao mínimo o consumo e a mellorar en gran medida o confort interior do edificio para nenas, nenos e profesorado.

Pías é a primeira dos seis centros educativos do rural nos que o Concello investirá 200.000 euros en accións de mellora e conservación deste patrimonio arquitectónico, converténdoos en espazos modernos e sostibles que “fomenten este tipo de educación e axuden a fixar poboación e a manter viva a nosa contorna”. Un traballo que camiña da man doutros dos eixos estratéxicos do goberno municipal rosaleiro, mellorar progresivamente a eficiencia enerxética de todos os edificios de titularidade pública.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí