Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello do Rosal leva a pleno unha modificación de crédito para remodelación da Praza do Calvario e a reordenación da contorna

A sesión, aberta ao público, celebrarase este xoves 27 de maio ás 20.30 horas no Centro Social Polivalente

A sesión, aberta ao público, celebrarase este xoves 27 de maio ás 20.30 horas no Centro Social Polivalente

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Mayo de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal levará este xoves 27 de maio a pleno unha modificación de crédito extraordinario de case 165.000€ para levar adiante as obras de remodelación da Praza do Calvario. Trátase dunha modificación que atende á necesidade de dotar de consignación orzamentaria aos traballos correspondentes á anualidade 2021 da licitación da reforma da praza, que se configura como un gasto plurianual. O inicio da execución está previsto para este ano.

Dentro desta planificación ordenada da reforma do Calvario, o Concello tamén levará a esta sesión plenaria a petición de suplemento de crédito de 4.840€ para elaboración dun documento técnico que permita unha reordenación funcional da contorna da praza, reasignando usos sen modificación da sección viaria que xa existe. Con este estudo búscase definir de xeito pormenorizado as accións a desenvolver para adoptar un sentido único de circulación, creando espazos reservados para usos terciarios e reordenando as prazas de estacionamento.

O pleno, aberto ao público, celebrarase ás 20.30 horas no Centro Social Polivalente.

Compensación económica

O Concello tamén levará a pleno unha moción da Alcaldía solicitando medidas de compensación polo impacto socio-económico no territorio do río Miño transfronteirizo do peche de fronteiras e das medidas restritivas tomadas polos gobernos español e portugués nos estados de alarma pola pandemia da COVID-19.

Un estudo do impacto realizado pola Universidade de Vigo en nome do AECT Río Miño desvela que só o primeiro confinamento e peche de fronteiras entre Pontevedra e Portugal durante a primeira vaga da pandemia provocou unha caída do Produto Interior Bruto de máis de 80 millóns de euros nos 26 concellos do territorio transfronteirizo do Miño, así como un descenso do 14,18% no comercio e dun 16,53% na hostalaría e restauración, datos que no último peche serían aínda máis prexudiciais.  

Uns danos aos que hai que sumar os sufridos polo efecto funil do único paso aberto no territorio, con quilómetros de caravanas para atravesar a fronteira, perdas de tempo innecesarias e a introdución novamente dun inexplicable obstáculo a unha poboación transfronteiriza que xa non sinte a fronteira.

Por estes motivos, tras aprobarse a moción esixiranse ás autoridades estatais, rexionais e autonómicas de ambos dous países medidas de compensación e a integración inmediata das traballadoras e traballadores transfronteirizos, así como as empresas afectadas, como beneficiarios dos mecanismos socioeconómicos aprobados por España e Portugal. Tamén se dará traslado aos gobernos portugués e español do malestar por pechar fronteiras sen diálogo previo cos municipios afectados, así como a creación dunha tarxeta cidadá transfronteiriza e a posta en marcha dun Investimento Territorial Integrado de carácter transfronteirizo concertado entre ambos países e con cargo a fondos europeos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí