Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal realiza na Portela novas probas coa cadeira todo terreo para sendeirismo inclusivo

O veciño do Rosal, Manu Sobrino, realizou o percorrido ata os muíño do Folón acompañado dun equipo de 12 persoas

O veciño do Rosal, Manu Sobrino, realizou o percorrido ata os muíño do Folón acompañado dun equipo de 12 persoas

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Abril de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal continúa dando pasos para converterse nun municipio accesible e inclusivo para todas e todos, tamén no desfrute da natureza e da contorna. Un equipo de 12 persoas acompañou ao rosaleiro Manuel Sobrino nun percorrido dende A Portela ata o miradoiro dos muíños do Folón, pasando pola capela de San Martiño, para continuar probando a Joëlette, unha cadeira todo terreo coa que as persoas con mobilidade reducida poderán realizar sendeirismo no municipio. “O obxectivo é crear un servizo permanente para que as persoas que o precisen poidan facer diferentes rutas de xeito programado acompañadas dun equipo de voluntarios e voluntarias”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Nesta ocasión Manuel e o equipo de voluntarios e voluntarias saíron ás 09.00 horas dende A Portela para chegar de volta ás 13.00 horas, tras dúas paradas no camiño. A pesar da neboeira inicial que cubría o val a primeira hora da mañá, a medida que o día foi aclarando as e os excursionistas puideron gozar das impresionantes vistas da contorna. O obxectivo deste percorrido era experimentar as distintas posicións da cadeira nun terreo favorable para continuar aprendendo sobre o seu uso. A rexedora salienta que “a proba foi todo un éxito. Dende o Concello continuaremos facendo percorridos nos vindeiros meses para probar escenarios, subindo pouco a pouco a dificultade dos itinerarios”.

A adquisición desta cadeira todo terreo “é un paso máis cara a inclusión integral que comezamos co proxecto Cocreando Sociedade”, co que O Rosal trata de estreitar lazos entre o tecido asociativo, administración local e entidades que traballan a prol da diversidade para deseñar de forma conxunta estratexias e iniciativas inclusivas.

A cadeira conta soamente cunha roda e con dous elementos de agarre, un traseiro e un dianteiro. A persoa que a utilice debe ir acompañada de polo menos dúas persoas, xa que unha debe asegurar o seu equilibrio e a outra encargarse da tracción e da dirección.

A alcaldesa quixo agradecer a Manuel Sobrino o seu esforzo e dedicación e a todas e todos os voluntarios que participaron, Carlos, Pépix, Manolo, Leire, Miguel, Kiko, Marta, Moncho, Óscar, Sara, Julio e Ignacio, “que nos acompañaran neste novo fito para a accesibilidade no noso concello”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones