Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello mellora a seguridade viaria en todo o municipio, cun investimento de case 20.000 ?

A Concellalía de Tráfico procedeu ao pintado de estradas e á construción de varios lombos e bandas redutoras de velocidade no núcleo urbano e parroquias

Colocáronse tamén isletas e pasos de peóns; sinalización e creación de pasos sobreelevados e de prazas de estacionamento

Fecha: 24 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de investir máis de 19.000 euros en múltiples accións destinadas a incrementar a seguridade en rúas e estradas do municipio.

En Goián, pintouse a estrada que vai ao antigo embarcadoiro e tamén a coñecida coma "Baixada ao Regatiño" con prazas de aparcamento;

Fixéronse 2 lombos de redución de velocidade e un paso de peóns na Avenida Ordóñez, no cruce dos semáforos na estrada xeral.


Tamén en Goián pintouse e sinalizouse a rúa Valle Inclán.
Na parroquia de Figueiró construíronse dous lombos para reducir a velocidade, isletas e instaláronse varias sinais de Stop na estrada principal.


En Estás, fixéronse isletas, pasos de peóns e prazas de estacionamento para familiares, no cemiterio.


Na rúa da gasolineira vella foi obxecto dunha mellora integral, que incluíu a reposición total do pavimento, pintado, sinalización e luminarias.


Asemade, colocáronse dous lombos redutores de velocidade no vial Camiño do Alivio e un paso de peóns sobreelevado na rúa República Arxentina, diante da entrada do Centro de Saúde. Nesta mesma vía, pintouse zona de carga e descarga e zona amarela á altura da tenda de subministros agrícolas. Fíxose o mesmo na rúa A Guarda, en fronte ao bazar chinés.


Na rúa Gondomar, unha das principais arterias do casco urbano, colocáronse separadores de vías á altura da tenda de mobles, para unha persoa cega que vive alí.


Na rúa Tui, pintouse un paso de peóns e na parroquia de Santa Mª de Tebra, fíxose un lombo redutor de velocidade na estrada que da entrada á igrexa.

O concelleiro responsable destas actuacións, Manuel Álvarez, explicou que con estas accións, mellorouse en gran medida a seguridade de peóns e do tráfico rodado, non so no núcleo urbano, senón tamén nas parroquias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones