Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello recibe ao músico Manuel Fernández, veciño do Rosal e músico da Orquestra Sinfónica de Amberes

A alcaldesa, Ánxela Fernández, deu os parabéns ao artista e fíxolle entrega dunha placa conmemorativa

A alcaldesa, Ánxela Fernández, deu os parabéns ao artista e fíxolle entrega dunha placa conmemorativa

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Rosal é canteira de grandes músicos e músicas. O mes pasado Bélxica coñeceu o talento que agocha o noso concello coas notas da trompeta de Manuel Fernández, ou Manolo do Rosal, como lle gusta que lle chamen. O mozo gañou unha praza de trompetista solista pola que competía con 26 músicos de toda Europa, e xa pode dicir con orgullo que é músico da Orquestra Sinfónica de Amberes.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, recibiuno hoxe no Concello para darlle os parabéns e entregarlle unha placa conmemorativa. “Estamos moi orgullosos e orgullosas de Manu, un rapaz que demostra que coa música que facemos pódese soñar moi alto sempre con moito traballo, esforzo e perseverancia”. A rexedora destaca tamén que este logro “enche de satisfacción á Agrupación Musical do Rosal, a casa de Manu e onde aprendeu moito do que sabe”.

Durante o acto Ánxela Fernández entregoulle ao trompetista unha placa co pictograma da música do Rosal, unha imaxe creada en colaboración co alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier. A rexedora tamén quixo pór en valor durante a recepción a importancia de “crear unha contorna cultural que permita aos pequenos e pequenas, como a Manu, soñar co mundo artístico”. Como demostra Manuel Fernández, con esforzo os soños poden cumprirse.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí