Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO TOMIÑO CONTINÚA EXECUTANDO A REFORMA DO AUDITORIO DE GOIÁN PARA ESCOLA DE MÚSICA

O proxecto contempla a racionalización dos espazos existentes e a ampliación de outros

O proxecto contempla a racionalización dos espazos existentes e a ampliación de outros

Fecha: 26 de Enero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com / Infom

O Concello de Tomiño continúa levando a cabo a reforma do Auditorio de Goián, co propósito de dotar á Escola de Música dunhas instalacións axeitadas ás súas necesidades.

O proxecto, deseñado polos arquitectos Perfecto Cendón e Javier Vázquez, contempla a racionalización dos espazos xa existentes e a ampliación de outros. Nas dúas primeiras fases procedeuse á mellora da accesibilidade ao edificio e ao acondicionamento de espazos comúns para a creación dunha sala principal de ensaios.

Na actualidade, trabállase na creación dunha fonoteca-biblioteca, unha secretaría, unha nova aula e un acceso exclusivo para a escola de música.

As obras inclúen tamén a urbanización da contorna inmediata do auditorio, coa modificación das actuais escaleiras, e a creación dun novo acceso e rampla, así coma o acondicionamento acústico das instalacións.

O goberno local de Tomiño, que preside a alcaldesa Sandra González, investirá case 200.000 euros nesta segunda fase, consignados nos orzamentos 2015 e procedentes de fondos europeos, despois de que as repetidas xestións levadas a cabo pola rexedora para conseguir o apoio económico da Xunta de Galicia, resultaran infrutuosas.

 "Esta actuación ten coma obxectivo dotar aos compoñentes da Agrupación Musical de Goián, dunhas instalacións axeitadas para o seu funcionamento coma escola de música. Este colectivo leva moitos anos funcionando e impartindo clases a máis de cen nenos e nenas do municipio, e merece, polo tanto, dispoñer dunhas instalacións dignas", explica a alcaldesa.

A agrupación musical leva unha década ensaiando no auditorio goianés nos espazos dispoñibles, incluídos cafetería, sala de fotocopias ou, incluso, cuartos de baño. De alí que fora imprescindible a racionalización e mellora do espazo existente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones