Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello traballa para a creación dunha senda peonil e ciclista que mellore a seguridade en Forcadela

Reunirase este xoves 15 de marzo cos propietarios e propietarias dos terreos que sería necesario ceder para informalos do proxecto

Reunirase este xoves 15 de marzo cos propietarios e propietarias dos terreos que sería necesario ceder para informalos do proxecto

Fecha: 15 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño segue a traballar para mellorar as rúas do municipio e a seguridade dos peóns e das veciñas e veciños que se moven camiñando pola vila, nesta ocasión na parroquia de Forcadela. O goberno municipal vén de chegar a un acordo coa Consellería de Infraestruturas para a cesión ao concello dunha das rúas da parroquia agora de titularidade autonómica a cambio de que a Xunta de Galicia se encargue das obras para a creación na zona dunha senda peonil e ciclista que sirva "para facilitar o acceso aos veciños e veciñas e sobre todo para mellorar a súa seguridade", explica o concelleiro de Obras e Saneamento, Francisco Campo.

Para levar adiante o proxecto, o concello necesita a disposición de arredor dunha vintena de terreos, todos eles "fincas pequenas de entre 4 e 6 metros de ancho". Campos e a concelleira Ana Cristina Martínez reuniranse este xoves 15 de marzo na Casa dos Mestres cos preto de 20 propietarios e propietarias dos terreos afectados para explicarlles o proxecto e falar da cesión dunhas propiedades que ocuparían en total arredor de cen metros cadrados.

Dende a Casa dos Mestres ao CRA

O proxecto contempla a creación dunha senda peonil e para ciclistas sinalizada que vaia dende a antiga Casa dos Mestres ata a Aula do CRA Mestre Manuel Garcés en Forcadela, o que deixaría todo o centro da parroquia ben comunicado e melloraría os accesos e a seguridade para os peóns. A senda podería estenderse ata a igrexa, aínda que esa zona xa conta con beirarrúas para garantir a seguridade dos veciños e veciñas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones