Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello traslada ao Conselleiro de Sanidade as necesidades de Atención Primaria do Rosal

A alcaldesa, Ánxela Fernández, mantivo unha reunión telemática con Julio García Comesaña para abordar as carencias sanitarias detectadas no municipio

A alcaldesa, Ánxela Fernández, mantivo unha reunión telemática con Julio García Comesaña para abordar as carencias sanitarias detectadas no municipio

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Abril de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, mantivo unha reunión telemática co Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, para abordar as necesidades de Atención Primaria do municipio. Un encontro que transcorreu nun ambiente de cordialidade e que responde á petición reiterada feita dende o Concello e a  Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal, constituída por corporación municipal, asociacións e persoal sanitario, para frear o deterioro progresivo da atención sanitaria, agravado “pola actual situación epidemiolóxica, porque a pandemia da COVID 19 evidenciou claramente a necesidade de tomar medidas para mellorar a sanidade pública”.

Durante o encontro, a alcaldesa afondou na necesidade de axeitar os rateos do persoal sanitario por Tarxetas Sanitarias individuais aos recomendados pola Organización Mundial da Saúde, xa que na actualidade no Rosal “persoal médico e de enfermería teñen ao seu cargo un número de pacientes que excede tanto as recomendacións como os máximo admisibles”. Unha situación que se ve agravada ante a decisión do Sergas de non substituír ao persoal que se atopa de baixa ou de vacacións.

Para Concello e Plataforma, este incremento no persoal sanitario deberá ir acompañado de melloras en infraestruturas e espazo “para dar resposta ás necesidades básicas sanitarias, algunhas tan esenciais como ter lugares de traballo tan pequenos que non dispoñen de lavabo no que lavar mans ou obxectos, algo imprescindible na actual situación epidemiolóxica”. Tamén reclámase unha mellora nos equipamentos, que nestes intres “a falta de espazo e sobre todo de persoal fan inviables” e a climatización do  centro de saúde, “cunha luminosidade marabillosa pero cun deseño en invernadoiro que fai que no verán se rexistren ata os 33,5 graos na sala de espera e na zona de admisión e que se rocen os 30 nas consultas”. Pola súa banda, o Conselleiro de Sanidade trasladou á alcaldesa a posta en marcha dun Plan Galego de Infraestruturas de Atención Primaria a través do que se tomarán medidas para paliar algúns dos problemas aos que se enfronta O Rosal, como a mellora da climatización do centro de saúde, e a idea inicial de reforzar o persoal sanitario do municipio coa creación dunha praza máis a finais de ano.

A alcaldesa tamén trasladou ao Conselleiro a súa preocupación pola situación do PAC de Urxencias de A Guarda, que nalgúns momentos conta con tan só un médico para atendelo, e polas medidas transitorias tomadas pola situación de pandemia, como son o peche do centro de saúde de San Miguel de Tabagón co argumento de evitar contaxios por acumulación de público e o traslado de pediatría a A Guarda.  

O Concello está a disposición da Consellería de Sanidade para traballar de forma institucional en todo o preciso para mellorar a situación sanitaria no Rosal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí