Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concerto de Sés no Rosal este venres 13 de novembro, en vivo e en streaming

Debido á situación sanitaria e seguindo as limitacións establecidas polas autoridades sanitarias, haberá un aforo máximo de 50 persoas

Debido á situación sanitaria e seguindo as limitacións establecidas polas autoridades sanitarias, haberá un aforo máximo de 50 persoas

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal aposta por unha cultura segura na que se priorice a saúde das persoas. Debido á actual situación epidemiolóxica, o Concello optou por reinventar e adaptar á nova realidade o concerto que a artista Sés dará este venres 13 de novembro no Auditorio Municipal (20.00 horas): será en vivo para un aforo reducido e vía streaming en aberto para o resto do público. “Nestes intres o que máis nos preocupa é a saúde de todos e todas, por iso seguimos apostando pola cultura, pero por unha cultura segura que nos permita seguir desfrutando pero minimizando calquera risco de contaxio. É momento de ser responsables en todos os eidos”, asegura a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. 

Nun momento no que as autoridades sanitarias manteñen restricións de acceso en moitos municipios e no que se están aplicando diferentes limitacións para minimizar o risco de contaxio, o Concello do Rosal limitará o aforo do concerto a un máximo de 50 persoas empadroadas no Rosal, medida coa que se pretende evitar a mobilidade xeográfica de todo público asistente.

Ao longo do día de hoxe sortearanse os boletos entre todas as persoas empadroadas no municipio que tiñan reservada a súa entrada para o concerto que se ía celebrar o pasado mes de outubro e que tivera que adiarse por motivos de saúde da cantareira. Persoal municipal poñerase en contacto telefónico con cada unha das persoas gañadoras para informarlles da resolución e confirmar a asistencia. En caso de non poder asistir ao concerto a entrada, que será nominativa, pasará á seguinte persoa da lista de agarda. Todos estes cambios tamén se notificarán vía correo electrónico a todas as persoas que tiñan reservada entrada para o concerto do mes de outubro.

O concerto poderá seguirse en directo vía streaming a través das redes sociais do Concello e da canle de Youtube da artista.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí