Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño reúnese este mércores

O colectivo, integrado por nenos e nenas de Primaria e Secundaria, está promovido polo Concello de Tomiño de acordo ás recomendacións de Unicef

O colectivo, integrado por nenos e nenas de Primaria e Secundaria, está promovido polo Concello de Tomiño de acordo ás recomendacións de Unicef

Fecha: 18 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O mércores 18 de abril, ás 18.30 horas, terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, unha reunión do Consello da Infancia e Adolescencia deste municipio, co fin de dar as últimas pinceladas á moción que presentarán ao próximo pleno ordinario, pedindo o seu recoñecemento oficial.

Constituído por nenos e nenas de Primaria e Secundaria, o Consello ten coma presidenta a Sofía Areal, alumna do IES Antón Alonso Ríos e leva funcionando dende o 15 de decembro do pasado ano.

Dende a súa formación os compoñentes redactaron xa varias propostas de traballo, algunhas delas relacionadas coa organización de charlas sobre diferentes temáticas, obradoiros e actividades culturais e lúdicas relacionadas cos intereses da infancia e adolescencia tomiñesa.

O colectivo está promovido polo Concello de Tomiño de acordo ás recomendacións de Unicef, co obxectivo de cumprir os requisitos para ser declarada Cidade Amiga da Infancia e Adolescencia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones