Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL ACORDA ORGANIZAR A 1ª SEMANA DA EDUCACIÓN NO VINDEIRO MES DE XANEIRO

Ademáis, o goberno local informou das axudas ao material escolar, das actividades extraescolares gratuitas, do programa -é aprender- e dos arranxos levados a cabo nos centros educativos.

Ademáis, o goberno local informou das axudas ao material escolar, das actividades extraescolares gratuitas, do programa -é aprender- e dos arranxos levados a cabo nos centros educativos.

Fecha: 24 de Octubre de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O pasado mércores celebrouse o primeiro consello escolar municipal deste novo curso escolar 2015/2016. A orde do día incluía como primeiro punto as axudas ao material escolar que o Concello de Tomiño convocou e das que se beneficiaron 304 nenos e nenas de Tomiño.

O goberno local, representado pola Alcaldesa e polo Concelleiro de Medio Rural, Lois Vázquez, tamén deron conta das actividades extraescolares gratuitas que sufraga o orzamento municipal. Estas actividades supoñen un total de 17 actividades e que dan cabida a todos os centros e niveis educativos. Ademáis, no consello escolar municipal recordouse o traballo docente das escola municipal de teatro e da escola de música de Tomiño das que tamén se benefician os nenos e nenas do municipio.

O programa "é aprender" foi o terceiro punto da orde do día e do que os membros do consello escolar mostraron a súa satisfacción polo éxito educativo acadado até o de agora. Este novo curso escolar, iníciase xa con máis de 60 nenos e nenas que recibirán apoio escolar en diferentes puntos xeográficos do municipio. O obxectivo do programa é traballar aspectos diversos que afectan a hora de estudio, como poden ser cuestións como a atención, a motivación, a autoestima, a resolución de conflitos, etc. Este programa está impartido por profesionais do campo educativo e que ademaís conta cun gabinete psicolóxico para os nenos e nenas que o precisen.

Finalmente, abordouse a cuestión relativa a arranxos nos centros educativos. O Concelleiro de Medio Rural, deu conta da relación de obras efectuadas aproveitando as vacacións estivais. Destacouse o acondicionamento dunha aula de usos múltiples e as obras de accesibilidade no CEIP Sobrada. Tamén se informou das futuras obras de acondicionamento da pista de atletismo do CEP Pedro Caselles. No consello escolar municipal foi novamente abordado a cuestións da situación actual da escola unitaria "Aurora del Porvenir". A anpa, os pais e nais do CRA Manuel Garcés e a Alcaldesa mostraron o seu malestar pola actual situación da escola unitaria "Aurora del Porvenir" e o seu interese porque esta histórica aula continúe prestando a súa labor educativa.

No consello escolar municipal saldouse, ademáis, co acordo de organizar unha xornadas adicadas a reflexión conxunta da educación. Serán uns encontros participativos nos que se convidará a expertos en educación, a nais, pais, profesorado, anpas e alumnado co fin de analizar os puntos fracos da actual situación do modelo educativo e procurar de liñas de traballo de cara a reducir o fenómenos de fracaso escolar.

A Alcaldesa, mostrou a súa satisfacción polo bo funcionamento do consello escolar municipal que "facilita o contacto directo coa comunidade educativa e dende o cal se acordan as decisións por consenso." Segundo a rexedora "as actuacións que está levando a cabo o Concello de Tomiño amosan a prioridadade que supón para este goberno local a educación, unha aposta polo futuro do municipio."

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones