Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O correlingua celebra o seu 20 aniversario co lema vinte coa lingua retransmitindo en streaming unha ducia de eventos

Centros escolares dos concellos de Pontevedra, Vigo, Moaña, O Rosal e A Estrada acollerán os actos presenciais que se celebrarán na provincia e serán retransmitidos para os colexios de todo o país

Centros escolares dos concellos de Pontevedra, Vigo, Moaña, O Rosal e A Estrada acollerán os actos presenciais que se celebrarán na provincia e serán retransmitidos para os colexios de todo o país

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Octubre de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

Correlingua cumpre 20 anos decidida a facer participar as rapazas e rapazas dos centros escolares do país nunha celebración a favor do galego que non pode deterse a pesar da actual situación excepcional. Nesta edición, baixo o lema ‘Vinte coa lingua’, Correlingua terá presenza física nunha ducia de centros escolares doutras tantas localidades galegas, e todas as súas actividades serán retransmitidas en streaming a través da súa canle de YouTube para que a rapazada de todos os colexios da Galiza poida asistir virtualmente e reivindicar o dereito a vivir en galego.

 

As actividades de Correlingua, organizadas co apoio das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, foron presentadas hoxe na institución provincial pontevedresa coa presenza da deputada de Lingua María Ortega, xunto co concelleiro de Normalización Lingüística en Pontevedra, Alberto Oubiña, así como con representantes da entidades organizadoras: o presidente da Asociación Cultural Correlingua, Anxo Terán; o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira; e o secretario comarcal CIG-Ensino (Pontevedra), Xacobe Rodríguez.

 

A deputada María Ortega explicou que as previsións do Correlingua tiveron que mudar por mor da pandemia e adiarse do mes de maio ata o mes de novembro. Agradeceu á asociación o seu labor de “prestixio” do galego entre a xente moza e manifestou a Deputación ten a intención de estar sempre da man dos colectivos e entidades que traballan para “poñer en valor o noso idioma”.

 

Pola súa parte, Anxo Terán destacou que “non podiamos parar, menos neste noso novo vixésimo aniversario”, xa que ás últimas edicións fórase incorporando incluso profesorado que hai anos participaba como alumnado: “Imos medrando e por iso estamos ledas de celebrarmos os vinte anos, un ano especial para un Correlingua diferente”. Tamén destacou o tirón que ten a iniciativa, xa que a 7 de marzo había 12.000 alumnos e alumnas inscritos para participar no Correlingua de maneira presencial, polo que animou a todos e todas a “achegarse ás redes” para participar tamén de xeito virtual.

 

O presidente do colectivo subliñou que esta edición está dedicada ao alumnado e ao profesorado, así como ás administracións “que sempre nos apoiaron e neste ano cheo de dificultades apostan, tamén, por un Correlingua cheo de bulicio outonal, un Correlingua que visita os centros e viaxa polas redes espallando o idioma con apertas virtuais: con música, poesía, manifestos, banda deseñada e relatos”.

 

Engadiu que “vai tamén pol@s artistas que nos acompañan neste percurso tan diferente coma emocionante; desde o Correlingua agardamos mil primaveras máis para o seu traballo e que este nos acompañe nos vindeiros aniversarios”, ao tempo que finalizou asegurando “’vinte coa lingua’ nas redes, ‘vinte coa lingua’ no teu centro, ‘vinte coa lingua’ todos os días. Espalla a mensaxe polas rúas, coas colegas, polo móbil, alí onde vaias”.

 

O presidente da Mesa Marcos Maceiras subliñou que Correlingua é a actividade de normalización lingüística que máis mocidade concentra a pesares dos intentos por ‘afogala’ por parte de algunhas institucións. Indicou que este ano, a pesares de que se vai caracterizar por ser eminentemente audiovisual en lugar de presencial, vai seguir sendo “reivindicativa” e terá como obxectivo levar a cultura galega aos centros de ensino, polo que “agardamos estar de volta en maio”.

 

Así mesmo, Maceiras non quixo deixar pasar a oportunidade de subliñar que a día de hoxe aínda hai limitacións dos contidos en galego para a rapazada e a mocidade, cunha programación da TVG limitada, motivo polo que a Mesa puxo en marcha a campaña para ter unha canle do Xabarín para a xente moza, dobraxes en galego e outras melloras no audiovisual e a cultura.

 

Finalmente, o concelleiro Alberto Oubiña destacou o papel do alumnado e do profesorado durante a pandemia. Subliñou que “a lingua é algo que debemos defender todo o ano, non vai coa pandemia”, polo que era preciso celebrar o Correlingua cando fose posile neste ano e continuar en vindeiras edicións.

 

Na provincia de Pontevedra

As actividades Correlingua comezarán o vindeiro xoves día 5 en Narón, e pasarán despois por Pontevedra, A Estrada, Moaña, Vigo,  O Rosal, Lugo, Xove, Rianxo, Zas, A Coruña e Ourense, contando con actuación dos grupos e artistas ‘ Ce Orquestra Pantasma’, Aldaolado, Luís Caruncho, A Gramola Gominola, os grupos gañadores do Cantalingua Cuarta Xusta, Monolius Dop e Birlibirloque.

 

Na provincia de Pontevedra empezarán as actividades o día 12 en O Rosal, no CPI Manuel Súarez Marquier, onde actuará a Cé Orquestra Pantasma. Xa o día 18  será a quenda do CEIP de Xeve, onde estará o grupo gañador do Cantalingua (Cuarta Xusta) e Luis Caruncho. Logo será a festa de Moaña no centro socio cultural Daniel Castelao o día 19, coa actuación da actriz Isabel Risco, que conducirá e animará a festa e o concerto da Gramola Gominola, para o que está previsto contar coa presenza dun par de aulas se as condicións o permiten. Todo o alumnado dos centros da comarca estará convidado a ver en directo por retransmisión en streaming para que poidan gozalo nas súas aulas sen risco.

 

A Estrada e Vigo serán as outras vilas que acollerán actividades. Isabel Risco e un dos grupos gañadores do Cantalingua estarán na vila da comarca do Tabeirós entre o 19 e o 27 de novembro, mentres que en Vigo estará o grupo Aldaolao, aínda sen definir lugar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí