Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CPI Suárez Marquier do Rosal acolleu unhanova sesión de -Encontros con profesionais-

Esta actividade está organizada pola Concellería de Educación dentro das accións de formación e orientación que ven realizando.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Educación dentro das accións de formación e orientación que ven realizando.

Fecha: 29 de Marzo de 2019

Fuente: Concello do Rosal

Onte 27 de marzo, tivo lugar no CPI Suárez Marquier o "Encontro con profesionais".
Esta actividade está organizada pola Concellería de Educación dentro das accións de formación e orientación que ven realizando.
A alcaldesa Mª Carmen Alonso Alonso asistiu ao inicio do acto e felicitou ás 5 mulleres participantes, todas elas grandes profesionais do seu sector.
Nesta ocasión foron invitadas mulleres que desempeñan o seu labor profesional en sectores tradicionalmente masculinos.
Eva Baz, arquitecta representando ao sector da construcción; María Silva do departamento de ventas e Gloria Rodríguez Pacheco inxeñeira, ambas as dous na empresa Mecalia do sector do metal; Almudena Verde, armadora de buque de pesca no sector do mar; e Estefanía Suescun exmilitar e conductora de autobús polo sector do transporte e corpo militar.
Contáronnos se por ser mulleres teñen que demostrar máis que un home, se a conciliación familiar é fácil ou se a formación complementaria debe ser continua. A importancia dos idiomas na contorna laboral e se o traballo en equipo é fundamental para o éxito profesional.
Preto de 60 rapaces e rapazas escoitaron as experiencias persoais destas 5 profesionais e ao término fixeron preguntas relativas ás súas exposións. Esta actividade anual que comenzou no ano 2016 conta cun enorme éxito entre a comunidade educativa.

EVA BAZ CERQUEIRA
Eva é arquitecta e ten o seu estudo Baz/Goce/Senra no Rosal. E é o claro exemplo de que non sempre o camiño recto é o mellor. Eva é da Guarda e alí estudou os seus estudos obrigatorios. Ao terminar foi á Sangriña a estudar bacharelato pero sentía que ese non era o seu sitio.
Coincidindo no tempo, a súa familia foi a Vigo e alí retomou os seus estudos e terminou bacharelato. A continuación estudou Deseño de interiores e ao término empezou no mundo laboral. Traballou nunha empresa do sector, pero Eva seguiu formándose e despois dun tempo matriculouse na carreira de arquitectura na universidade de Vilanova de Cerveira. Desde o ano pasado ten o seu estudo Baz/Goce/Senra no Rosal con outras dúas socias. É autónoma e unha persoa inquieta que segue formándose e que nos contará a importancia dunha formación continua.

MARÍA SILVA
María é encargada de vendas na empresa de metal MECALIA. É da Guarda onde estudou toda a súa educación obrigatoria. Ao terminar o bacharelato María estudou en Santiago de Compostela e posteriormente en Vigo a carreira de Administración e Dirección de empresas. Antes de iniciar a súa andaina na empresa familiar Mecalia adicada ao sector do metal, María realizou numerosos cursos de formación que a irán preparando para coller a testemuña, cunha gran responsabilidade como terceira xeración á fronte a empresa familiar. María contaranos a súa experiencia laboral nunha contorna tan masculina como o sector do metal.

GLORIA RODRÍGUEZ PACHECO
Gloria é enxeñeira na empresa MECALIA. É da Guarda e alí realizou os seus estudos regrados. A continuación estudou Enxeñería na Universidade de Vigo. Os seus inicios non foron fáciles...a mocidade, as responsabilidades familiares e a contorna tan masculina na que se desenvolvía. Pero en pouco tempo Gloria continuou formándose e ampliando as súas metas polo que hoxe en día é unha traballadora de moita estima na empresa Mecalia. Gloria pódenos falar directamente das dificultades que en ocasións supón conciliar a vida familiar, laboral e persoal.

ALMUDENA VERDE
Almudena é armadora dun buque pesqueiro, e a día de hoxe única muller que desempeña esta profesión na Guarda. É da Guarda e alí estudou o ciclo de administrativo na Sangriña. Almudena pódenos falar perfectamente de se a vocación nace ou se fai. Xa que ela nunca imaxinou adicarse ao mundo do mar, xestionando todo o relacionado co barco do seu marido. Almudena desde terra encárgase dos trámites relacionados cos contedores, permisos aduaneiros, abastecemento de víveres, combustible... etc. A contorna no que traballa require coñecementos moi precisos e idiomas a nivel marítimo pesqueiro. Neste caso, a nosa historia persoal lévanos ao que será o noso futuro laboral.

ESTEFANÍA SUESCUN
A mellor forma de presentar a Estefanía é dicir que foi militar e actualmente é condutora de autobuses. Fanny é a única que non é da nosa zona.... é madrileña de nacemento, pero rosaleira de corazón. Alí en Madrid realizou os seus estudos, pero xa desde moi nova era unha moza inquieta e con iniciativa. Estudou o Ciclo Superior de Administrativo, pero sempre tivo claro que o seu futuro laboral non se ía a limitar a un despacho. Preparou e superou as probas de acceso ao corpo militar e alí xunto con outra compañeira foron as 2 primeiras mulleres en entrar na 1ª liña do corpo de combate. Despois dun tempo veu ao Rosal, formou a súa familia e empezou a formarse en diferentes campos. Ata a actualidade que é condutora de autobuses nunha empresa local e pódenos falar do que supón romper barreiras e teitos de cristal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones