Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CRA estrea este curso unha biblioteca que optimiza ao máximo os seus espazos

Cun orzamento total de 30.000 euros, a remodelación transformou a antiga biblioteca nun espazo polivalente adaptado ás necesidade do alumnado e do centro

Cun orzamento total de 30.000 euros, a remodelación transformou a antiga biblioteca nun espazo polivalente adaptado ás necesidade do alumnado e do centro

Fecha: 28 de Septiembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Un espazo "adaptados aos rapaces, máis polivalente e que cubre as necesidades do centro". Así describe o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez, as obras de remodelación levadas a cabo este verán na biblioteca do CRA Mestre Manuel Garcés, unhas obras que serviron para transformar a estancia nun espazo máis versátil que agora conta tamén unha cómoda zona de traballo, cunha pequena bancada para contacontos ou outras actuacións e no que tamén está integrado o Departamento de Orientación. As obras contaron cun orzamento total de 30.000 euros financiados polo Concello de Tomiño en colaboración co propio centro.

Os traballos de remodelación, que se fixeron durante o mes de agosto para non interromper a actividade diaria do centro, permitiron "optimizar ao máximo o espazo do que é o centro neurálxico do CRA, con mobiliario adaptado e unha boa redistribución dos espazos que o arquitecto soubo captar á perfección", salienta o director do centro, Antón de Valenzuela. Unha transformación coa que "levamos tempo soñando" e que supón o primeiro chanzo para "repensar os espazos das 13 aulas unitarias das que dispoñemos".

Aproveitando a reforma, o CRA comezou a recatalogación de todos os volumes dispoñibles na biblioteca, un proceso no que traballarán nas vindeiras semanas e que esperan completar a finais de outubro ou novembro coa inauguración da Biblioteca.

Aposta polos centros educativos
O Goberno local segue apostando polo investimento nos centros educativos de Tomiño, no que se investiron máis de 60.000 euros de fondos municipais para mellorar os espazos que empregan día a día os máis de 1.550 estudantes da vila. Por este motivo, xunto coa remodelación da Biblioteca do CRA, durante as vacacións estivais leváronse a cabo varias obras de mantemento e reparación, como melloras no comedor da escola Galiña Azul do Seixo, pistas balonmán e baloncesto no Mosteiro para uso compartido entre o alumnado do colexio Pedro Caselles e a veciñanza e cambio de chan en tres aulas do colexio de Sobrada, así como diferentes obras de mantemento (fontanería, electricidade, limpeza patios, etc.).
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones