Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O curso escolar comezou con normalidade para os alumnos de infantil e primaria en Galicia

A Consellería seguirá apostando pola mellora da calidade e a innovación do actual modelo educativo

A Consellería seguirá apostando pola mellora da calidade e a innovación do actual modelo educativo

Fecha: 12 de Septiembre de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

O curso escolar comezou hoxe con total normalidade para os preto de 198.000 alumnos de educación infantil e primaria en toda Galicia, tal como sinalou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que esta mañá acompañou aos rapaces do CEIP de Prácticas López Ferreiro no seu primeiro día de clase, en Santiago. Neste concello iniciaron as clases un total de 8500 alumnos destas etapas, aos que hai que sumar outros 6200 de ESO, Bacharelato, e ciclos formativos que se incorporarán nos vindeiros días.

Román Rodríguez explicou que esa normalidade tamén se fai extensiva ao servizo de transporte escolar, logo de que por primeira vez neste curso se pon en marcha o servizo compartido que atinxe en torno ao 10% dos alumnos. A este respecto explicou que na práctica a única diferenza é que as prazas que quedan libres nos autobuses escolares de determinadas rutas nalgunhas zonas de Galicia poden ser utilizadas por persoas do entorno. Non obstante, subliñou que as rutas están garantidas e se respectan os horarios e as paradas do transporte escolar, polo que para os alumnos non supón ningún cambio.

Desde o punto de vista organizativo, o conselleiro lembrou que este curso 2017/18 arranca cos principais aspectos da LOMCE xa implementados, e avogou por seguir traballando a prol dun pacto pola educación que "sería bo para o conxunto da comunidade educativa e para o conxunto do país", dixo.

No que se refire a Galicia, Román Rodríguez aposta pola continuidade do actual modelo educativo, dado os bos resultados que se están acadando tanto no que atinxe á calidade como á equidade e xeración de igualdade de oportunidades, segundo o corroboran os principais indicadores. "Estamos reducindo o abandono educativo temperán, estamos mellorando as competencias educativas, estamos fomentando todo o que ten que ver coa inclusión de alumnos con necesidades especiais en aulas ordinarias. De feito somos a comunidade autonómica con maior nivel de inclusión do Estado", concluíu.

40 centros plurilingües máis
De cara a este e aos próximos cursos, a Consellería de Educación vai seguir apostando pola mellora da calidade e a innovación educativa mediante a implentación de programas educativos específicos. Unha das principais apostas é o plurilingüismo, no marco da estratexia EDUlingüe 2020. De feito, por primeira vez neste curso introdúcese o plurilingüismo ás etapas de Infantil, Bacharelato e Formación Profesional. Así, este curso iníciase con 322 centros plurilingües (40 máis que o ano pasado).

Así mesmo, no ámbito das novas tecnoloxías, este curso aumenta de xeito exponencial o proxecto do libro dixital (E-dixgal), con 154 centros e máis de 11.600 alumnos beneficiados; e seguirase apostando polo fomento das vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) a través da extensión a Primaria da materia de Robótica.

Sen incidencias significativas
Segundo os datos facilitados polas xefaturas territoriais de Educación e actualizados a media mañá de hoxe, non se constatan incidencias significativas no inicio do curso escolar, a excepción de tres colexios da provincia de Pontevedra. Trátase do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, en Vigo, onde por mor das obras de ampliación do centro, os alumnos de Primaria incorporaranse o próximo mércores día 13; o CPI da Cañiza, onde o servizo de comedor comezará o día 15; e o CRA María Zambrano (O Rosal), onde por mor dunhas obras que realiza o concello, os alumnos dunha escola infantil escolarizaranse de xeito provisional noutra escola infantil próxima.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones