Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O deputado Uxío Benítez participa en Madrid nun workshop sobre -O futuro da mobilidade-

Expuxo o traballo efectuado ao abeiro do Plan Móvese nas vías provinciais

Expuxo o traballo efectuado ao abeiro do Plan Móvese nas vías provinciais

Fecha: 20 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Mobilidade Uxío Benítez participou este martes en Madrid no segundo workshop AECLab, un laboratorio de ideas sobre Mobilidade organizado pola Asociación Española da Estrada baixo o lema ‘Thinking of Mobility-Thinking on the Road'. O nacionalista debateu, entre outras cuestións, sobre a innovación no sector viario, as infraestruturas do futuro e as políticas de xestión, pondo de manifesto o traballo da Deputación de Pontevedra nas vías provinciais ao abeiro do Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE).

Este encontro, no que participaron como relatores representantes de diferentes administracións e tamén fabricantes de automóbiles e empresas tecnolóxicas, puxo de manifesto que a mobilidade urbana e interurbana por estrada son hoxe dous dos grandes campos para a innovación e a xeración de novos servizos, dirixidos á creación de contornas máis saudables, seguras e eficientes, impulsoras de emprego e riqueza.

Nas mesas redondas abordouse o "universo de opcións por explorar desde o punto de vista da infraestrutura" para crear relacións harmoniosas entre os desprazamentos en vehículos e os usos dos espazos públicos como lugares de convivencia, desenvolvemento de actividades económica e ocio por parte das persoas. Así mesmo, destacaronse as grandes tendencias que chegan da man da automatización dos vehículos, a súa electrificación e o desenvolvemento de produtos vinculados á prestación de servizos de mobilidade.

O programa do evento estruturouse en cinco bloques de debate: o primeiro será ‘Cambio climático e sustentabilidade. Políticas de xestión', ao que seguirán ‘Innovación no sector viario. As infraestruturas do futuro', ‘Investigación sobre condución autónoma en España', ‘Big data e Mobility as a Service (MaaS)' e ‘Pago por uso de infraestruturas'.

Este segundo workshop AECLab chegou a Madrid (no Centro de Investigación 3M-Iberia) oá martes día 20, coincidindo cos diferentes actos da Semana Europea da Mobilidade 2017, despois da exitosa sesión celebrada en Barcelona o pasado mes de marzo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones