Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O DOG publica hoxe a nova liña de axudas do plan de embelecemento dotada con 1,2 millóns de euros

A Xunta financiará máis dun cento de actuacións de concellos e particulares no Camiño de Santiago que permitirán mellorar o patrimonio etnográfico

As intervencións realizaranse a partir do 1 de xaneiro de 2020 e o Executivo autonómico subvencionará o 75% do investimento realizado polos beneficiarios

Fecha: 03 de Diciembre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia impulsará a mellora do embelecemento do Camiño de Santiago a través dunha achega de 1,2 millóns de euros que permitirá que se acometan iniciativas como a restauración de bens, actuacións en elementos que xeren un forte impacto paisaxístico nos diferentes itinerarios ou a substitución de elementos de mobiliario urbano deteriorados ao longo dos trazados, entre outras actuacións.

Esta nova liña de axudas, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, está destinada a entidades locais e persoas físicas ou xurídicas que deberán presentar a súa solicitude no prazo dun mes e poderán levar a cabo as súas actuacións a partir do 1 de xaneiro de 2020. Os beneficiarios recibirán, por parte do Executivo autonómico, o 75% do investimento realizado. Trátase dunha actuación que forma parte do Plan de Embelecemento do Camiño de Santiago, enmarcado no Plan Estratéxico do Xacobeo 21, e que permitirá financiar máis dun cento de actuacións na Ruta Xacobea.

Dúas categorías
As axudas do Plan de Embelecemento do Camiño de Santiago están divididas en dúas categorías en función do solicitante. A primeira delas permite financiar un mínimo de 40 actuacións propostas por entidades locais, nas que se inclúen os concellos de Galicia polos que discorre algún tramo do Camiño ou calquera entidade supramunicipal galega (deputacións, mancomunidades...) sempre que teñan competencias para a actuación proposta. Esta categoría conta cunha dotación de 600.000 euros.

A segunda liña está dirixida a persoas físicas e xurídicas privadas titulares dun dereito real sobre un ben moble, inmoble, recurso ou elemento situado no Camiño de Santiago ou os arrendatarios dos citados bens. Neste apartado inclúense, ademais, comunidades de propietarios, asociacións de veciños ou comunidades de montes veciñais en man común. Así pois, financiaranse un mínimo de 60 actuacións nesta categoría que conta cunha achega de 600.000 euros.

Cinco ámbitos de actuación
As actuacións impulsadas pola Xunta de Galicia ao abeiro desta liña de axudas están incluídas en cinco ámbitos. O primeiro deles refírese a intervencións sobre elementos etnográficos e a súa contorna e inclúe accións de valorización, mantemento, consolidación ou restauración de fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, muíños, valados ou calquera outro elemento de carácter tradicional vinculado á paisaxe e a cultura do lugar.

O segundo contempla actuacións sobre casas e eiras, como melloras nas fachadas e nas cubertas empregando materiais propios da zona; mentres que a terceira liña abrangue intervencións no espazo agrario co fin de reducir o impacto visual que xeran elementos en desuso ou abandonados sen interese patrimonial ou paisaxístico como naves, silos ou casetas.

As axudas do Plan de Embelecemento do Camiño de Santiago complétanse con actuacións para incorporar a vexetación como elemento integrador da paisaxe ou actuacións nos trazados do Camiño co fin de substituír elementos do mobiliario urbano que polo seu estado de deterioro ou as súas características físicas resulten alleas á contorna da Ruta Xacobea.

Outras medidas de mellora dos trazados xacobeos
Esta liña de axudas compleméntase coas diferentes actuacións impulsadas pola Xunta na antesala do Xacobeo 21. Entre esas accións, e co obxectivo de que os distintos trazados cheguen a esta cita no mellor estado posible, púxose en marcha o Plan de Mantemento, a través dun investimento de máis de 15 millóns de euros que permitirán acometer actuacións ao longo de máis de 1.250 quilómetros; o Plan de Sinalización, que este ano dedica 3 millóns de euros ao acondicionamento e sinalización da Vía da Prata e que o próximo ano se centrará na última ruta pendente, o Camiño de Inverno; ou o Plan de Albergues, dotado con máis de 7 millóns de euros e que contempla a creación de oito novos establecementos da rede pública a través da rehabilitación de edificios históricos.

Todas estas son actuacións que se recollen no eixo Soporte do Plan Estratéxico do Xacobeo 21, que ten por obxectivo a mellora das infraestruturas dos Camiños de Santiago na antesala do vindeiro Ano Santo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones