Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O DOG publica o decreto de ampliación do Ben de Interese Cultural dos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal

Trátase dun conxunto senlleiro do patrimonio galego no que se conxuga beleza e utilidade, ademais dun gran potencial identitario relacionado coa historia da moenda

Trátase dun conxunto senlleiro do patrimonio galego no que se conxuga beleza e utilidade, ademais dun gran potencial identitario relacionado coa historia da moenda

Fecha: 02 de Julio de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o decreto de ampliación da delimitación dos muíños do Folón e do Picón, sitos en Santa Mariña, no concello pontevedrés do Rosal, como ben de interese cultural (BIC) coa categoría de lugar de valor etnolóxico.

Este novo decreto recolle todos os muíños deste ámbito que teñen unha disposición, funcionalidade, tipoloxía e materiais análogos, e inclúe outra serie de elementos patrimoniais destacados como a ermida de San Martiño, no estremo noroeste, ou o castro do Picón, no estremo sueste.

O Decreto 27/1998, do 22 de xaneiro, que declaraba ben de interese cultural, con categoría de lugar de interese etnográfico, os muíños do Folón e do Picón non recollía a totalidade de muíños deste ámbito, senón só os 36 asociados ao río Folón. A ampliación da delimitación do BIC suma o grupo de 31 bens vencellados ao río Picón, até un total de 67 muíños incluídos no BIC. A aprobación deste decreto permite así corrixir unha disfunción da declaración orixinaria, garantindo o mesmo nivel de protección para a totalidade de muíños.

Cómpre subliñar que a formación en serie dos repetidos muíños, dispostos en diferentes ringleiras, posúe un valor estético sobranceiro e resulta unha boa mostra de como unha instalación para aproveitar e explotar os recursos naturais pode reunir en si beleza e utilidade, ademais dun enorme potencial identitario relacionado coa historia da moenda, na cal participa toda a comunidade.

Límites da ampliación
O lugar de valor etnolóxico distribúese polas abas dos montes do Campo do Couto ao oeste e os montes da Valga ou San Martiño ao norte, nos que se localizan todos os seus elementos, incluídos os camiños e as pesqueiras e levadas que conforman o sistema hidráulico. A devandita ampliación ten como obxectivo incluír na delimitación a totalidade de elementos constitutivos deste sistema patrimonial.

Polo norte, o ben estará limitado polo propio límite do termo municipal, enmarcado polos cumios dos altos de Picouto, Carrolo e Castelo, dos cales proveñen as augas principalmente polo rego do Cal ata A Enxubrigada. Polo leste, a marca dáa o propio rego do Cal até O Picón. Mentres que polo sur estaría delimitado polo lugar de Ponte das Penas e Martín e polo oeste polo Campo do Couto.

 

Dado que no decreto se delimitan todos os espazos necesarios tanto para a conservación da súa integridade, non se estima preciso ningún contorno de protección nin o establecemento dunha zona de amortecemento específica.

Réxime de intervencións e aplicación
Os muíños contan cun nivel de protección integral, malia que se entende que nas futuras actuacións e procesos de consolidación, restauración e reconstrución poderán revisarse puntualmente algunhas solucións que redunden na mellor interpretación e uso das técnicas tradicionais. Ademais, tendo en conta que na actualidade a función esencial deste conxunto é propiamente cultural, poderán acometerse melloras para o uso dos visitantes e unha óptima valoración e interpretación do conxunto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones