Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O DOG publicará antes de que remate este mes de decembro a nova convocatoria das axudas do Leader para o agro galego

Así o anunciou a conselleira do Medio Rural durante unha visita a varios proxectos beneficiarios destas achegas na zona do Baixo Miño

Así o anunciou a conselleira do Medio Rural durante unha visita a varios proxectos beneficiarios destas achegas na zona do Baixo Miño

Fecha: 18 de Diciembre de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

Antes de que remate este mes de decembro publicarase no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria das axudas da medida Leader para dinamizar o agro galego. Así o anunciou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante a súa visita a varios proxectos beneficiarios destas achegas que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Baixo Miño.

A titular de Medio Rural explicou que o seu departamento destinará algo máis de 17,5 millóns de euros no bienio 2018-2019 a financiar estas axudas. Os fondos distribuiranse entre os 24 grupos de desenvolvemento rural repartidos polo territorio da Comunidade, que son os encargados de aprobar e apoiar os proxectos tanto de carácter produtivo como non produtivo.

Neste percorrido, Ángeles Vázquez coñeceu tres iniciativas xestionadas polo GDR 14 Baixo Miño. Por un lado, a ampliación e expansión da empresa alimentaria "La Torta", do Porriño, visita na que estivo acompañada polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves. Por outra banda, a mellora da eficiencia enerxética e hídrica mediante rego por goteo en explotación de maceiras e aguacates de "Vivaz Plant", no Rosal e, por último, a adquisición de vehículos adaptados para discapacitados vinculados ao centro "Vontade", en Tomiño.

A conselleira destacou que todos estes proxectos contribúen a facer un rural vivo e dinámico e valorou o labor dos GDR, que -lembrou- xestionan os fondos Leader cun enfoque de abaixo cara arriba, integrando aos poderes públicos e á sociedade civil no deseño e aplicación das políticas de desenvolvemento do agro.

O grupo de desenvolvemento rural Baixo Miño aglutina 13 concellos, cun total de 766 quilómetros cadrados de superficie e unha poboación de 142.832 habitantes. No período 2017-2018 xestionou preto de 700.000 euros para un total de 11 proxectos, entre eles os que hoxe visitou a conselleira.

No conxunto de Pontevedra, os cinco GDR do territorio provincial apoiaron 68 iniciativas na mesma anualidade, cun importe das axudas que superou lixeiramente os catro millóns de euros. Estes grupos son Condado-Paradanta, Pontevedra-Morrazo, Pontevedra Norte e Salnés-Ulla-Umia, ademais do xa referido de Baixo Miño.

Emprego e calidade de vida

O orzamento total da medida Leader para o conxunto de Galicia no período 2014-2020 ascende a 84 millóns de euros. Con estes fondos procúrase mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural e dotar de servizos a poboación destas zonas, propiciando a mellora do seu nivel de vida, a inclusión social e a redución da pobreza. Búscase ademais favorecer a ocupación sustentable do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos, as persoas con discapacidade ou as persoas maiores.

Outros obxectivos pasan por garantir a sustentabilidade da actividade no rural, mediante o coidado e a utilización adecuada dos recursos naturais, potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio e contribuír á concienciación e adaptación ante o cambio climático, fomentando o uso de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones