Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O DOG PUBLICOU ONTE A CONTRATACIÓN PARA A ADQUISICIÓN DE 52 VEHÍCULOS TODOTERREO PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

O importe de licitación é de 9,9 millóns de euros e está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo FEDER 2007-2013

O importe de licitación é de 9,9 millóns de euros e está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo FEDER 2007-2013

Fecha: 10 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a resolución pola que se anuncia a contratación para a adquisición de 52 vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra os incendios forestais, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo FEDER 2007-2013. O importe de licitación é de 9,9 millóns de euros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar ve necesario proceder a unha renovación do parque de vehículos motobomba con que conta o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, co fin de garantir o éxito na loita contra o lume, así como mellorar a seguridade do persoal combatente durante os labores de extinción.

A adquisición destes vehículos todoterreo está distribuída en tres lotes. En primeiro lugar, un de 19 vehículos con capacidade mínima para 2 persoas e 4.000 litros de auga. En segundo termo, outro lote con 19 vehículos e unha capacidade mínima para 2 persoas e 3.500 litros de auga. Por último, un terceiro lote está composto por 14 vehículos con capacidade mínima para 3 persoas e 3.000 litros de auga. Os vehículos deberán entregarse dentro dos cinco meses seguintes á data de sinatura do contrato.

A adxudicación realizarase a través do sistema de procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, de acordo co establecido na normativa ao respecto e a tramitación do procedemento será ordinaria.

Estes vehículos todoterreo incorporaranse ao parque do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, que xestiona a Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar. Distribuiranse, segundo as necesidades, a través dos diferentes distritos forestais nos que está estruturado o territorio galego.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones