Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Espazo Fortaleza convértese nun gran obradoiro de arte con seis recoñecidos escultores

Paralelamente, o Mercado Municipal acolle unha exposición dos escultores participantes no simposio, que poderá verse, tamén, até fin de mes

Paralelamente, o Mercado Municipal acolle unha exposición dos escultores participantes no simposio, que poderá verse, tamén, até fin de mes

Fecha: 23 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Simposio de Escultura do Miño, aberto a todos os públicos, continúa desenvolvéndose no Espazo Fortaleza de Goián.

Os visitantes poden ver traballar "en vivo" a seis escultores de distintas partes do mundo, que van dando forma cada un a súa obra; obras que quedarán nos municipios de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, organizadoras do evento.

Dende o pasado día 11, os artistas traballan cara ao público no Espazo Fortaleza de Goián. As persoas que se acheguen estes días, poderán ver ao escultor búlgaro Zdravko Zdravkov, membro da Unión de artistas de Bulgaria; participante en simposios de escultura en Oman, Qatar, Irán, Turquía, India, Alemaña, etc. Outro colega e compatriota é Minchev, escultor que traballa no eido da escultura monumental, ten máis de 15 exposicións individuais, e é profesor na Universidade de Veliko Turnovo.

O escultor vigués Remigio tamén está a facer a súa obra no Espazo Fortaleza de Goián, executando a súa escultura en varios materiais. Este artista imparte clases na Escola de Artes de Vigo e ten numerosas exposicións, certames e bienais ao longo do país e simposios internacionais.

Tomiño é tamén gran taller para Filin, escultor italiano, profesor na Academia de Artes de Sofía e Carrara e gañador de numerosos premios de escultura.

O Espazo Fortaleza acolle, asemade, a obra de Batu, nado en Xeorxia, con posgrao nas academias de Belas Artes de Tbilisi e Unión de Moscú, e actual presidente do departamento de escultura da Universidade de Boston (EE.UU), onde vive.

E por último, Zhao Li (China), quen estudou escultura na Academia de Artes e Deseño da Universidade Tsinghua, e conta con máis de 50 obras públicas en numerosos países.

EXPOSICIÓN NO MERCADO
Paralelamente, o Mercado Municipal acolle unha exposición dos escultores participantes no simposio, que poderá verse, tamén, até fin de mes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones