Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O estudo de mobilidade para O Rosal propón peonalizar a Praza do Calvario e convertila no corazón dunha rede peonil

O estudo, presentado no Concello, servirá como exemplo piloto para outros municipios da provincia

O estudo, presentado no Concello, servirá como exemplo piloto para outros municipios da provincia

Fecha: 28 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Estudo de Mobilidade e Espazos Públicos (EME) de O Rosal, documento encargado e financiado pola Deputación de Pontevedra para ordenar o espazo público e o tráfico da vila, propón a peonalización da praza do Calvario como espazo libre de coches. Segundo dixo hoxe na presentación o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, preténdese que a praza pase a ser o corazón dunha rede peonil, un espazo público de calidade no que se fomenten as relacións e a convivencia e se poida camiñar con comodidade e seguridade.

Benítez indicou que o EME supón unha "ferramenta de traballo para o concello que lle permitirá actuar a curto, medio e longo prazo nos seus espazos públicos e estradas de forma sustentable e eficiente". Así mesmo, subliñou que se trata dun exemplo piloto para o resto dos municipios da provincia que aposten por aplicar o concepto da mobilidade sustentable, aos que a Deputación ofrecerá asesoramento e orientación.

O obxectivo principal do EME de O Rosal plantexa fórmulas para acadar unha relación máis harmoniosa entre os desprazamentos de vehículos e os usos do espazo público para a socialización, o desenvolvemento das actividades económicas e para o ocio. "Neste estudo queda claro que a Praza do Calvario é un punto central para O Rosal, un espazo no que se concentran grande parte dos servizos da vila, e que a súa reconfiguración facéndoa peonil pode potenciala como motor de dinamización social, económica e cultural. Non existe ningún problema para realizar a peonalización e priorizar o espazo para as persoas, xa que mellorará a calidade de vida da vila", insistiu o nacionalista.

O Estudo de Mobilidade, que foi presentado hoxe publicamente, contou coa participación activa de axentes pertencentes a servizos e equipamentos públicos, axentes económicos e representantes da veciñanza e asociacións diversas, algo que Benítez cualificou de "fundamental para interpretar as necesidades reais da vila e realizar unha diagnose conxunta cos técnicos". De feito, para chegar ás propostas concretas, fixéronse enquisas entre a poboación e celebráronse mesas de políticos, sectoriais, por actividades e de mobilidade, que se contrastaron cos datos técnicos obxectivos de número de vehículos que circulan pola vila, catalogación de espazos, estatísticas demográficas e mapeos feitos pola empresa redactora. A partir de aí constatáronse consensos, discrepancias, problemas e necesidades, oportunidades e fortalezas para O Rosal.

No Estudo de Mobilidade refléxase que o espazo urbano de O Rosal atópase fortemente condicionado polo vehículo rodado, chegando a ocupar case o 66% do espazo público da vila, relegando ao peón aos espazos residuais. Así mesmo, tamén se apunta que no proceso de participación houbo consenso en que o mellor modelo para a praza é a priorización do tránsito peonil na Praza do Calvario, e que será ben recibido un aumento de vexetación e dos valores medioambientais do espazo, a celebración de eventos e a ubicación de estacionamentos específicos para vehículos nas inmediacións.

Debe quedar claro, así mesmo, que ao pasar a praza a ser un espazo peonil o acceso e aparcamento de coches debe estar limitado a residentes con vivendas ou garaxes, vehículos de abastecementos ou de servizos vencellados ao concello e á biblioteca (non para o persoal funcionario), os vehículos de emerxencias, transporte público e vehículos de persoas con diversidade funcional.

Propostas
Outras cuestións principais de interese que recolle o estudo son a necesidade de reubicar e ampliar as prazas de estacionamento. Así, proponse potenciar o uso do aparcamento da Rúa Ramón Franco, reforzando a súa sinalización e incluso construíndo unhas escaleiras no extremo norte que enlacen directamente coa zona alta da rúa Ramón Franco. Tamén se propón aproveitar a Rúa do Casal e das rúas próximas á praza.

Por outra banda, tamén se estudou o estacionamento arredor do pavillón deportivo -onde é de interese estudar a implantación dun aparcadoiro regular con prazas ben delimitadas-, así como a posibilidade de habilitar a zona traseira do concello para poder deixar o coche en eventos puntuais (partidos, festas...).

Por outra banda, da peonalización do Calvario derívase o cambio "imprescindible" de sentido da rúa Simón del Mazo, que terá unha soa dirección cara á praza, enlazando Manuel Suárez coa rúa dos Cabaqueiros para completar o ‘rotor' en torno á mazá.

Por último, o documento tamén propón a xeración dunha malla para a mobilidade peonil segura diaria e por ocio entre parroquias e coa vila mediante a finalización dos itinerarios peonís seguros asociados ás vías principais do concello e a apertura de novas sendas peonís ou mellora das existentes. Formúlanse diferentes propostas como a mellora das beirarrúas actuais nas estradas principais e no núcleo urbano, a conversión de vías en plataformas únicas de prioridade peonil (as rúas que saen da praza do Calvario), e a creación de sendas paralelas nas vías principais, da adecuación de viarios menores e na implantación de novos camiños que pasen por zonas de valor cultural e etnográfico.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones