Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O futuro do sector agrario no Baixo Miño basearase en cinco eixos principais

Acubam presentou no salón de plenos do concello de Tomiño o Plan Estratéxico do agro na comarca, unha xornada de portas abertas na que participaron institucións públicas, empresas e cidadanía

Acubam presentou no salón de plenos do concello de Tomiño o Plan Estratéxico do agro na comarca, unha xornada de portas abertas na que participaron institucións públicas, empresas e cidadanía

Fecha: 21 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Potenciar sectores como o viverista ou o da horta para que sexan máis competitivos e se abran a novos mercados para xerar riqueza e emprego na comarca. Este é o obxectivo principal do Plan Estratéxico do Sector Agrario do Baixo Miño, unhas liñas de actuación para a mellora do sector presentada pola Asociación Cultivos do Baixo Miño (Acubam) este martes no salón de plenos do concello de Tomiño nunha xornada de portas abertas a toda a cidadanía do Baixo Miño na que participaron tanto entidades públicas como privadas, así como a propia cidadanía.

As xornadas serviron de espazo de reflexión e intercambio de información entre o sector e os tomiñeses e tomiñesas despois de rematar a diagnose sobre a situación do agro na comarca para coñecer fortalezas, debilidades e oportunidades de mellora e converter a agricultura "nun nicho de creación de emprego e de fixación de poboación no rural", como explicou a presidenta de Acubam, Patricia Rodríguez.

A presentación contou coa presenza e o apoio de Sandra González, alcaldesa de Tomiño, concello promotor desta iniciativa, apoiada e potenciada tamén dende os municipios de A Guarda e O Rosal. Tras a fase de diagnose chega agora a implementación do plan estratéxico, que establece cinco eixos principais de acción.

O primeiro deles, reforzar a competitividade sectorial a través da innovación vencellando a formación, sobre todo universitaria, á realidade empresarial. A segunda liña de acción centrarase na xestión dos recursos limitados, sobre todo da auga e do solo. O terceiro fronte será a colaboración público-privada, xa que o sector precisa, segundo Rodríguez, "canles de comunicación entre ambas partes o máis fluídas posible".

Outro dos temas importantes a resolver dentro do plan estratéxico será o posicionamento, a "busca dunha marca identificativa que recolla esas diferencias da comarca que nos facilitan a posibilidade de produción e facelas chegar ao consumidor final con valor engadido". O último eixo que abordará o plan estratéxico do agro será a eliminación dos prexuízos cara os traballos no eido da agricultura para que os mozos e mozas vexan no campo unha posibilidade de traballo.

As xornadas contaron tamén coa participación de representantes da Consellería de Medio Rural, da Oficina Agraria Comarcal O Rosal, da Fundación Empresa Universidade Galega, do GDR e de CaixaBank, ademais de con tres das empresas máis importantes da comarca, representando o eido da planta, da horta e da froita: Kiwi Atlántico, Porta do Río Miño e Río Tollo, que contaron dende o seu punto de vista os obstáculos e oportunidades que se poden atopar no sector.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones