Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Glifosato volta ás cunetas das estradas do Baixo Miño

Na xornada do mércores 12 de xuño as máquinas voltaron a empregar este herbicida tóxico e contaminante nas estradas da comarca

Na xornada do mércores 12 de xuño as máquinas voltaron a empregar este herbicida tóxico e contaminante nas estradas da comarca

Fecha: 13 de Junio de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

Na mañá deste mércores día 12 de xuño, a chamada dun particular á nosa redacción alertaba da presenza da maquinaria empregada para encher de herbicidas as cunetas da comarca do Baixo Miño.

De inmediato deuse aviso aos diferentes concellos afectados mobilizando á Policía Local en A Guarda, que levantou acta do acontecido, tomando datos do vehículo empregado e dos operarios cando se dispoñían a utilizar glifosato na PO-552.

A maquinaria continuou o seu percorrido polo Rosal ata Sanxián e Oia, onde o Presidente da Asociación Naturalista do Baixo Miño "ANABAM" impedíu que o seguiran facendo interpondose no camiño desta maquinaria. A él sumaríanse máis tarde representantes municipais dos socialistas de Oia e membros doutros colectivos ata que se personou a Guardia Civil para levantar acta e identificar aos alí presentes.

Pola tarde acontecía o mesmo no termo municipal de Tomiño, na parroquia de Estás, onde outro representante de ANABAM, xunto con outros veciños do municipio, se interpuxeron no camiño desta maquinaria impedindo novamente que se continuase a empregar este herbicida nas cunetas das estradas da Comarca.

Temos que recordar que segundo consta na nosa rdacción, e tal como así o manifestaron os alcaldes e alcaldesas dos municipios afectados, estes xa levaron en sesión plenaria un acordo para esixir que se elimine o emprego do glifosato nos seus respectivos termos municipais, acordos plenarios que foron novamente vulnerados por parte da Xunta de Galicia, empregando herbicidas, altamente tóxicos e contaminantes ao carón das noas estradas, das nosas vivendas, ríos e regatos.

Recollemos as declaracións amosadas no ano 2016 sobre o emprego de gliosatos por parte da Xunta de Galicia,

Dende a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestructuras, ante a nosa pregunta sobre o emprego de herbicidas, manifestaron ó seguinte:

"A Axencia Galega de Infraestruturas, dentro das operacións de conservación e mantemento das estradas de titularidade autonómica, leva a cabo actuacións para o control da vexetación das súas marxes. Estas tarefas son imprescindibles para manter a funcionalidade da rede e garantir a seguridade viaria, e materialízanse mediante dous tipos de actuacións:
- Campañas de roza e control de vexetación, tanto con medios propios como polas empresas adxudicatarias dos distintos contratos de conservación ordinaria e vialidade invernal, e polas empresas concesionarias da explotación das autoestradas que se xestionan con esta modalidade.
- A aplicación de herbicidas; debido ás súas especiais características, nunca se realiza con medios propios; sempre son as empresas dos contratos de conservación, ou as concesionarias, as que realizan ou subcontratan este tipo de traballos especializados.

A aplicación complementaria destes dous sistemas de control da vexetación consegue un resultado mais durable e eficiente, e mais seguro desde o punto de vista da seguridade ao reducir a ocupación da calzada.

Os pregos técnicos que rexen todos os contratos de conservación e concesión obrigan ás empresas ao cumprimento da lexislación e normativa vixente e que sexa de aplicación para todas as distintas actividades que son obxecto do seu contrato.
Concretamente, para a aplicación dos produtos sanitarios é de obrigado cumprimento o disposto no Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios. Sempre se empregan produtos comerciais autorizados e que cumpran os requisitos que se determinan no anexo VIII do dito Real Decreto. Así mesmo, dentro da variedade de produtos existentes con base glifosato, dáselle preferencia ao uso daqueles do tipo triple A (AAA), os menos contaminantes para o ambiente.

Este tipo de traballos especializados son realizados por empresas con ampla experiencia neste ámbito. Os seus operarios contan cos certificados de aplicador profesional requiridos para o emprego deste tipo de produtos, así como coa formación técnica e os equipos de protección individual necesarios e a acreditación da posterior xestión dos residuos (envases).

A aplicación dos produtos fitosanitarios, ou ben con mochilas manuais con lanzadeira e pantalla no extremo, de xeito que a aplicación sexa localizada e non derive cara a outras plantas, ou ben con camións con boquillas antideriva.

Cómpre indicar, ademais, que na rede autonómica de estradas non se realizan fumigacións con grandes cantidades de herbicidas, senón que se utilizan as cantidades estritamente necesarias. As aplicacións realízase coa máxima precaución, suspéndense 50 m antes como mínimo da chegada a un cauce ou regato, trabállase a baixa presión e nunca se aplica con velocidades de vento superiores a 20 Km/h e evitando sempre a presenza de peóns e outros usuarios da vía."

¿é ésta a Galicia verde que quere vender a Xunta de Galicia nas Campañas de Promoción Turística? 

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

  Na xornada do mércores 12 de xuño as máquinas voltaron a empregar este herbicida tóxico e contaminante nas estradas da comarca

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí