Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O goberno da Deputación denuncia a dobre moral do PP que subiu 40 impostos con Rajoy e tiña todo previsto para comezar a cobrar peaxes nas autovías neste 2021

PSdeG-PSOE e BNG rexeitan os cobros nas autovías polo prexuízo para Galicia, pero reivindican unha fiscalidade progresiva e xusta -na que paguen máis os que máis teñen-.

PSdeG-PSOE e BNG rexeitan os cobros nas autovías polo prexuízo para Galicia, pero reivindican unha fiscalidade progresiva e xusta -na que paguen máis os que máis teñen-.

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Mayo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

Carlos Font: “Se Mariano Rajoy continuase como presidente do Goberno hoxe xa estariamos pagando 246 euros anuais e os transportistas máis de 7.000 euros anuais”

 

César Mosquera: “Son  vostedes uns ghiadiños que traen a moción-circular que lles mandaron para que lle digamos ao Goberno do Estado que é moi malo”

 

O Pleno da Deputación rexeitou a moción do Partido Popular para instar ao Goberno de España a anular a modificacións de impostos, incluídas as previsións de fiscalidade progresiva recollidas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia enviado á Unión Europea, e, por outra banda, contraria á posible implantación de peaxes no ano 2023 nas autovías estatais. Os grupos do PSdeG-PSOE e BNG afeáronlle ao PP a súa “demagoxia, hipocrisía e dobre moral” e reivindicaron que os que máis teñan paguen máis. Ao respecto dos posibles pagos nas autovías coincidiron no seu rexeitamento ao entender que esta medida prexudicaría especialmente á provincia de Pontevedra e a Galicia.

 

O voceiro do PSdeG-PSOE, Carlos Font, destacou que cómpre ter “paciencia infinita” para soportar a “demagoxia en grado extremo do PP” e lembrou que o Goberno de Rajoy deseñou no ano 2018 un agresivo plan de peaxes para as autovías que tiña que ter entrado en vigor neste ano 2021. “Se Rajoy seguise gobernando estariamos pagando 246 euros anuais e os transportistas máis de 7.000 euros anuais”. Subliñou que o grupo socialista está “categórica e radicalmente” en contra das peaxes nas autovías e tamén de calquera suba de peaxes.

 

Ao respecto dos impostos lembrou que “financian os servizos públicos e tamén o escudo social que permitiu que nesta crise se poida atender ás persoas desempregadas e aos sectores afectados, cando na anterior crise fíxose xustamente o contrario”. “O que lle molesta ao PP é que se suban os impostos a quen máis ten”. Despois de lembrar as amnistías fiscais de Rajoy “para beneficiar aos defraudadores” destacou que tamén o presidente de Estados Unidos, Joe Biden, apela a unha fiscalidade progresiva para que o esforzo da sociedade no financiamento da recuperación económica sexa xusto.

 

2.000 páxinas no BOE e o rei espadachín

Carlos Font espetoulle ao PP que está a criticar hipocritamente a posibilidade de que se suban os impostos ás rendas máis altas cando Mariano Rajoy subiu 40 impostos e creou 12 novos entre 2011 e 2018, incluíndo cinco alzas no IRPF, catro en Sociedades, dúas no IBI e dúas no IVE. “Rajoy dedicou 2.000 páxinas do BOE para os decretos das súas subas de impostos e o ministro Montoro mesmo se permitía falar de harmonización fiscal entre  comunidades autónomas, algo ao que agora o PP se opón”.  O voceiro acusou ao PP de “traducir ao galego unha fotocopia que lle mandaron dende Génova” e criticou a súa redacción: “comezan falando da Guerra Civil; critican as taxas Tobin e Google, porque gravan aos que máis teñen; pasan a criticar o cambio climático, ignorando o principio fiscal europeo de que quen contamina paga e rematan falando de sablazos, o que me fixo pensar no rei espadachín que entre 2011 e 2018 subiu 40 impostos, que foi Rajoy”.

 

O voceiro do BNG, César Mosquera, definiu a proposta do PP como “moción-circular que sae de Madrid” e coa que se pretende que unha entidade da Administración presente unha emenda á totalidade ao Goberno de España. “Son vostedes uns ghiadiños que traen unha moción de Génova para que lle digamos ao Goberno do Estado que o está a facer moi mal, moi mal, moi mal”. En canto ao fondo do asunto cualificou a moción como “unha miscelánea invotable” e aclarou que solicitar que se anulen modificacións fiscais en vigor “é tanto como pedir que se revoquen os Orzamentos do Estado aprobados”. “E todo elo cando o PP presidiu o Goberno que máis subiu os impostos na historia”. “Nós non imos entrar no xogo do PP de discutir se o Goberno do Estado é bo ou malo e se a Unión Europea impón ou non, dixo. Parece que os deputados do PP en Madrid non defenden ben as súas posturas e úsanos a vostedes  de correveidiles”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí