Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GOBERNO DE CARMELA SILVA APROBA AXUDAS A 38 CONCELLOS PARA A CONTRATACIÓN DE 729 TRABALLADORES DENTRO DO -PLAN CONCELLOS 2016- DE CASE 5 MILLÓNS DE EUROS

No Baixo Miño solicitaron traballadores: A Guarda (24 empregos), Oia (15 empregos), O Rosal (16 empregos) e Tomiño (25 empregos)

No Baixo Miño solicitaron traballadores: A Guarda (24 empregos), Oia (15 empregos), O Rosal (16 empregos) e Tomiño (25 empregos)

Fecha: 01 de Febrero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as primeiras subvencións para que 38 concellos da provincia fagan as contratacións de 729 traballadores para cubrir os seus servizos e necesidades ao longo do ano. Esta son as primeiras axudas que se aproban con cargo ao "Plan Concellos 2016" para a contratación de traballadores as que se suman as subvencións para o pago de gasto corrente e amortización de débeda. En concreto, a Xunta de Goberno aprobou subvencións por valor de 4.960.201 euros para emprego nos 38 primeiros concellos e de 863.796 euros para inversións e pago de débeda en nove concellos.

O Plan Concellos 2016 supón unha transferencia de 40 millóns de euros que a Deputación pón a disposición dos 62 concellos da provincia para desenvolver políticas de emprego, inversións, cultura, etc. Este plan repártese en 16 millóns de forma lineal entre os concellos da provincia, de xeito que a cada un lle corresponde unha cantidade fixa de 266.666,67 €. A cantidade restante, 24 millóns de €, repartiranse atendendo a tres criterios: a poboación de cada concello (o 60%), a súa superficie (20%) e os seus núcleos de poboación (20%). Así, os concellos de menos de 10.000 habitantes contarán con 7,2 millóns de €, os que teñan entre 10.000 e 20.000 habitantes 9,6 millóns e os que conten con entre 20.000 e 50.000 habitantes recibirán 7,2 millóns de €.

Os primeiros concellos que recibirán as axudas para emprego son A Golada (16 empregos); Arbo (15 empregos); Baiona (26 empregos); Barro (16 empregos); Bueu (30 empregos); Caldas (8 empregos); Cambados (29 empregos); Campo Lameiro (24 empregos); A Cañiza (18 empregos); Catoira (20 empregos); Cerdedo (11 empregos); Cotobade (13 empregos); O Covelo (20 empregos); A Estrada (34 empregos); Forcarei (11 empregos); Fornelos (14 empregos); Gondomar (19 empregos); O Grove (30 empregos); A Guarda (24 empregos); A Illa (13 empregos); A Lama (14 empregos); Meaño (19 empregos); Meis (8 empregos); Moaña (24 empregos); Mondariz (17 empregos); As Neves (19 empregos); Nigrán (30 empregos); Oia (15 empregos); Poio (30 empregos); Pontecaldelas (14 empregos); Ponteareas (34 empregos); Portas (10 empregos); O Rosal (16 empregos); Salvaterra de Miño (20 empregos); Silleda (12 empregos); Tomiño (25 empregos); Vilaboa (20 empregos) e Vila de Cruces (11 empregos). Os contratos totais na totalidade dos concellos suporán 1.550 empregos.

No que respecta as outras partidas de inversión e pagos de gasto corrente, A Golada recibirá 73.333 para gasto corrente novo; Cambados 135.767,02 en gasto corrente; Cangas 134.901,97 para gasto corrente en tratamento de resíduos; Forcarei 75.410,25 para gasto corrente en alumeado público; Fornelos 38.773,16 euros en gasto corrente; Meis 65.241,35 euros en pago a acredores; Moaña 131.807,52 en gasto de limpeza viaria; Poio 123.354,32 en pago de débedas; e Salceda 85.208,29 en gasto de iluminación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones